NOVOSCINEMAS#CINECLUBE

Novos Cinemas arranca unha nova sección colaborando co Cineclube de Pontevedra. Máis aló das datas de celebración de cada edición, o festival programará a primeira película de cada mes dentro do calendario do cineclube pontevedrés. Unha iniciativa que pretende extender a outros cineclubes e entidades interesadas.

A primeira proxección xurdida deste acordo terá lugar o martes 5 de abril no Teatro de Pontevedra. O equipo do festival escolle para esta ocasión a película colombiana “Los hongos” de Óscar Ruiz Navia, premiada en Locarno, Sevilla e Rotterdam, entre outros festivais.

O Cineclube de Novos Cinemas volverá os días 3 de maio e 8 de xuño a Pontevedra e estará no Porriño o día 29 de maio, como citas previas á celebración da edición 01 que terá lugar a finais do mes de xuño. Entre as películas que se proxectarán próximamente grazas a estes acordos están “Transeúntes” de Luis Aller ou “Dead Slow Ahead” de Mauro Herce.

Esta nova sección permitirá ao festival manter unha programación contínua e itinerante ao longo de todo o ano a través da colaboración con cineclubes e outras entidades, reforzando así o seu compromiso cos creadores/as e espectadores/as, achegando a un maior número de salas unha selección de primeiras e segundas obras que forman parte do seu ideario estético e liña editorial.

MÁIS INFORMACIÓN: NOVOSCINEMAS#CINECLUBE

CATEGORÍAS