Novos Cinemas acollerá o primeiro foco dedicado a Katrin Rothe, pioneira na animación por Internet

A escritora, directora e produtora Katrin Rothe visitará Novos Cinemas e será a protagonista da sección FOCO, o que suporá o primeiro monográfico en toda a Península dedicado á obra cinematográfica desta cineasta alemá, unha das pioneiras na realización de animación para Internet en Alemaña.

Katrin Rothe leva case tres décadas desenvolvendo proxectos que xogan cos límites dos xéneros (documental, ficción  animación). Esta interacción é posible grazas á unha rigorosa investigación que promove revisións históricas, políticas e sociais, á coexistencia de heterodoxas e imaxinativas técnicas de animación, á militancia, e á crenza no poder ilustrador da arte, así como á unha singular capacidade para establecer ligazóns que amplifican exponencialmente tanto o desenvolvemento dramático dos filmes, como a propia percepción dos mesmos.

Ao longo de tres xornadas farase un achegamento a obra de Rothe, quen dirixe medios e documentais nos que fusiona ficción, documental e animación, mostrando unha versatilidade única na narración cinematográfica.

SÁBADO 16 DECEMBRO 20.00h no Teatro Principal.
Until Grass Grows. 
RU, Alemaña | 1996 | 3’30’’ | Estrea en España.
Johnny & Me – A Journey Through Time With John Heartfield. 
Alemaña, Austria, Suíza | 2023 | 100´ | Estrea en España.

DOMINGO 17 DECEMBRO 17.00h no Teatro Principal. 
SKIZZENFILM – 50 Jahre Robotrom. 
Alemaña | 2023 | 14´30’’ |Estrea en España. 
1917 – The Real October.
Alemaña, Suíza | 2017 | 90´ | Estrea en Galicia. 

A cineasta completará a súa estancia no festival participando na sección ENCONTROS realizando un taller-encontro no que compartirá a súa singular maneira de concibir os seus proxectos cinematográficos. Terá lugar o venres 15 ás 17:30h en O Sanatorio.

CATEGORÍAS