Novos Cinemas 2023. Inscricións abertas

Pontevedra, 10 de maio do 2023. – Xa é posible presentar filmes para participar na Edición 08 de Novos Cinemas – Festival de Cine Internacional de Pontevedra, que se desenvolverá entre o 12 e o 17 de decembro deste mesmo ano na cidade do Lérez.

NOVOS CINEMAS é un festival de cine aberto a cineastas emerxentes de todo o mundo que conta con dúas seccións competitivas de ámbito internacional: a Sección Oficial e Latexos, destinada a dar visibilidade a producións de factura máis fráxil e íntima. Poderán inscribirse todas aquelas longametraxes (a partir de 60 minutos) que supoñan a primeira ou segunda obra dos seus realizadores e realizadoras. Serán admitidos traballos producidos, ou cuxa estrea mundial tivese lugar, despois do 1 de xaneiro de 2023, sempre que non fosen estreados comercialmente en España, nin exhibidos en circuitos de televisión públicos ou privados no momento da súa inscrición a concurso.

O período de admisión de filmes estenderase dende hoxe mesmo ata o 10 de setembro de 2023.

Podedes acceder aquí e en www.novoscinemas.com á INSCRICIÓN e ás BASES.

XURADOS E PREMIOS

O festival NOVOS CINEMAS concederá cinco premios:

1.  Un Xurado Internacional outorgará o Premio NOVOS CINEMAS á mellor longametraxe da Sección Oficial, cunha dotación económica de 2.000€.. Este importe repartirase entre o/a produtor/ra e o/a reaIizador/ra do filme.

2.  Un xurado composto por cinco estudantes do campus de Pontevedra (Uvigo), seleccionados pola organización do festival, outorgará o Premio XURADO NOVO á mellor dirección da Sección Oficial.

3. Un xurado composto por profesionais da crítica cinematográfica outorgará o Premio da CRÍTICA á mellor longametraxe da competición.

4. O Premio LATEXOS, concebido gracias á coloboración da Cooperativa NUMAX, DUPLEX Cinema, da Cooperativa Zumzeig, do Círculo de Bellas Artes e de CineCiutat, supón a exhibición comercial do película premiada en devandita sección na sala NUMAX (Santiago de Compostela), en DUPLEX Cinema (Ferrol), no Círculo de Bellas Artes (Madrid), na sala Zumzeig (Barcelona) e en CineCiutat (Palma de Mallorca), ademais dunha dotación económica de 500 € para o/a director/a da película premiada. O obxectivo de esta axuda é que o/a cineasta poida sufragar os gastos de desprazamento inherentes á presentación do seu filme nas devanditas salas

5. Finalmente, mediante a participación e o concurso dos espectadores e espectadoras (media ponderada de votacións e asistentes), outorgarase o Premio do PÚBLICO.

A decisión dos xurados será inapelable.

CATEGORÍAS