NO TÁXI DO JACK

17 DIC.
21.30h.
Teatro Principal

NO TÁXI DO JACK

Portugal | 2021 | 70′ | Cor |

Dirección/Direction: Susana Nobre. Guión/Script: Susana Nobre. Fotografía/Cinematography: João Gazua. Montaxe/Editing: João Rosas. Son/Sound: Nuno Mourão. Intérpretes/Cast: Armindo Martins Rato, Maria Carvalho, Joaquim Veríssimo. Produción/Production: Emidio Barbosa. Produtora/Production Company: Terratreme Filmes.

Terratreme Filmes

Campo Grande, 111, 1700-089 Lisboa, Portugal

nevena.desivojevic@terratreme.pt | www.terratreme.pt

Aos seus 63 anos e case xubilado, Joaquim ten que seguir as normas das oficinas de emprego para cobrar a prestación por desemprego. A pesar de saber que nunca volverá á vida activa, debe ir de empresa en empresa pedindo selos que acrediten que está na busca de traballo. Nestas viaxes lembra a súa vida como inmigrante nos Estados Unidos, onde traballou como taxista en Nova York e foi testemuña de numerosas caídas da bolsa de Wall Street.

Susana Nobre (1974, Lisboa, Portugal) é licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade Nova de Lisboa. Fixo un curso de Realización de Cinema coa colaboración da The London Film School, no ámbito do Programa de Creatividade e Creación Artística da Fundación Calouste Gulbenkian. Pertence á produtora Terratreme desde 2006 donde realizou os filmes No Táxi do Jack (2021), Tempo Comum (2018), As viagens philosophicas -episodio 3 dentro de No Trilho dos Naturalistas- (2016), Provas, Exorcismos (2015), Vida Activa (2013), Lisboa-Província (2010) e O que pode um rosto (2003). O seus filmes exhibironse en numerosos festivais internacionais como a Berlinale (Fórum), Cannes (Quinzaine Des Réalisateurs), Rotterdam, Angers, Viennale, Vila do Conde, Montevideo, Rio de Janeiro, etc. Tamén traballou na produción de filmes de realizadores como João Rosas, Basil da Cunha e Pedro Peralta, entre outros. Actualmente está na fase de posprodución da súa nova longametraxe, Cidade Rabat.

FESTIVALES

Documenta Madrid, 2021. Honorable Mention Award

Indielisboa, 2021. Best Portuguese Feature Film Award

FIDOCS, Chile, 2021. Jury Honorable Mention Award

Caminhos do Cinema Português, 2021. CISION Press Award