13 DIC.
20.30h.
Teatro Principal
LOS SALDOS
España | 2022 | 76′ | Cor | ESTREA EN GALICIA
Dirección/Direction: Raúl Capdevila. Guión/Script: Raúl Capdevila. Fotografía/Cinematography: Gerard Aparicio. Montaxe/Editing: Raúl Capdevila. Música/Música: Guillermo Rojo, Gonzalo Sanz, Irene Ivankòva. Son/Sound: Javier Serrat, Guillermo Rojo, Gonzalo Sanz, Pablo Rivas. Intérpretes/Cast: José Ramón Capdevila, María Rosa “Rosita” Alzuria, Raúl Capdevila, Javier Murillo, Iván Romero, Rosa Murillo e José María Duro. Produción/Production: Andrés Sanjurjo, Raúl Capdevila. Produtora/Production Company: Acariño Films.
Acariño Films | Andrés Sanjurjo
Pazo de Arenaza, rúa Arenaza s/n, Iñás, 15171 Oleiros, A Coruña
info@acarinofilms.com | www.acarinofilms.com
José Ramón Capdevila, o último de tres xeracións de labregos e gandeiros, recibe a noticia de que o seu fillo Raúl vai volver á casa despois de non atopar traballo na cidade. Coa esperanza de encontrar algo mellor, ambos volven traballar xuntos na granxa, ao tempo que, na vila, se anuncia o desembarco do “Grupo Pini”, importante empresa do sector cárnico que quere construír un enorme macro-matadoiro.
Raúl Capdevila (1992, Huesca) é graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidad de Barcelona. Cursou o Postgrado en Montaje Audiovisual y Edición de Vídeo e o Máster en Documental de Creación na Universidad Pompeu Fabra. En 2017, xunto a tres cineastas máis, estrenou a súa primeira película, Judas, seleccionada en varios festivais do circuito nacional como Alcances (Cádiz), Docs València o MiradasDoc (Guía de Isora, Tenerife), onde recibiu o Premio ao Mellor Documental Nacional. Traballou como freelance e tamén como editor no CCCB, Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona. Desde 2019 colabora co HIFF, Festival de Cine de Huesca, como membro do comité de selección de proxectos na categoría Documental.
FESTIVALES
Visions du Réel (Nyon) 2022. Burning Lights
FICG 37 (México) 2022
SEFF (Seville) 2022. The New Waves
L’Alternativa (Barcelona) 2022.