Listaxe de seleccionados para participar no obradoiro de Lois Patiño

Novos Cinemas selecciona aos seguintes 12 alumnos da Uvigo para participar no obradoiro “Mirar o río” que o cineasta impartirá nos próximos meses en Pontevedra:

  • Claudia Alonso
  • Cristina Burgos
  • Félix Carpio
  • Judith Cerqueiro
  • Manuel Chapela
  • Lucía Estévez
  • Álvaro Larriba
  • Santiago Novás
  • Aldara Pregue
  • Marta Rodríguez
  • Iria Silvosa
  • Rebeca Tizón

 

Os seleccionados poden realizar a súa matrícula dende este momento enviando un email cos seus datos persoais (nome, apelidos, dni, teléfono e mail) á dirección vic.pon@uvigo.es, indicando no asunto: MATRÍCULA SEMINARIO LOIS PATIÑO.

Os asistentes desenvolverán un proxecto en torno aos conceptos de paisaxe, atmósfera, territorio ou lugar e a exploración sensorial do espazo na contorna do río Lérez, tutorizado e supervisado en cada unha das súas fases polo mentado realizador. Os obxectivos do taller son reflexionar sobre a representación da paisaxe no cinema e estimular a capacidade observacional.

As pezas resultantes se exhibirán na Edición 01 do festival que terá lugar entre o 28 de xuño e o 3 de xullo.

CATEGORÍAS