LISBOA-PROVÍNCIA

18 DIC.
17.00h.
Teatro Principal

LISBOA-PROVÍNCIA

Portugal | 2010 | 18′ | Cor | ESTREA EN ESPAÑA

Dirección/Direction: Susana Nobre. Guión/Script: Susana Nobre. Fotografía/Cinematography:  Pedro Pinho. Montaxe/Editing: Luís Miguel Correia. Son/Sound:  Nuno Mourão. Intérpretes/Cast: Maria do Céu Nobre, Susana Nobre, Brites Conceição Borralho, Carlos Borralho, Mariana Joaquina, Joana Borralho, Marta Borralho, Maria Augusta Pires, Coro Flores de Maio. Produción/Production: João Matos. Produtora/Production Company: Terratreme Filmes.

Terratreme Filmes

Campo Grande, 111, 1700-089 Lisboa, Portugal

nevena.desivojevic@terratreme.pt | www.terratreme.pt

Unha enfermeira atende a un paciente na súa casa. Maria do Céu é enfermeira desde fai máis de corenta anos, traballando nun antigo hospital de Lisboa. Tiña dezaseis anos cando chegou a Lisboa procedente dun pequeno pobo do Alentejo. No hospital, le o expediente dunha vella paciente que tamén era a súa amiga. Logo péchase o arquivo. Maria do Céu regresa a súa vila, onde canta no coro da casa do pobo.

Susana Nobre (1974, Lisboa, Portugal) é licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade Nova de Lisboa. Fixo un curso de Realización de Cinema coa colaboración da The London Film School, no ámbito do Programa de Creatividade e Creación Artística da Fundación Calouste Gulbenkian. Pertence á produtora Terratreme desde 2006 donde realizou os filmes No Táxi do Jack (2021), Tempo Comum (2018), As viagens philosophicas -episodio 3 dentro de No Trilho dos Naturalistas- (2016), Provas, Exorcismos (2015), Vida Activa (2013), Lisboa-Província (2010) e O que pode um rosto (2003). O seus filmes exhibironse en numerosos festivais internacionais como a Berlinale (Fórum), Cannes (Quinzaine Des Réalisateurs), Rotterdam, Angers, Viennale, Vila do Conde, Montevideo, Rio de Janeiro, etc. Tamén traballou na produción de filmes de realizadores como João Rosas, Basil da Cunha e Pedro Peralta, entre outros. Actualmente está na fase de posprodución da súa nova longametraxe, Cidade Rabat.

FESTIVALES

Rotterdam, 2011

Festival Premiers Plans d’Angers, 2011

Split Film Festival, MFNF, 2011

L’Alternativa (Barcelona) 2022