A XOGOS COA REALIDADE. TALLER CON BERIO MOLINA.
ALUMNOS SELECCIONADOS:
– Alba Amoedo Cal
– Fernando Areal Alvite
– Aniana Barreiro Seara
– Julio Catalán Rubinos
– Yasmina Farhani Luaces
– Alejandro Fernández Viador
– Eva Iglesias Lorenzo
– Ashling Ocampo Colvin
– Ana Laura Rodríguez Esteves
– Cristina Souto Pita
O BÁSICO
Duración: 24 h presencias e titorías en liña.
Número de sesións: catro.
Datas: 28 de setembro / 26 de outubro / 23 de novembro / 12 de decembro
Horario: de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 20.00h.
Espazo: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Campus de Pontevedra)
REQUISITOS
// Ser estudante da Universidade de Vigo, no campus de Pontevedra (grao, master, doutoramento) durante o curso académico 2023/2024, e todas aquelas persoas tituladas (grao, master, doutoramento) no curso académico 2022/2023, no campus de Pontevedra.
// Ter coñecementos básicos de gravación de vídeo e de son.
// Dispoñer dun ordenador portátil e dun programa de edición de vídeo (Premiere, Final Cut, Da Vinci, etc.), e ter acceso a unha cámara de vídeo dixital e a unha gravadora de son.
// Adaptabilidade para traballar nunha contorna colectiva e colaborativa.
PROGRAMA DO OBRADOIRO
28 de setembro
Conceptos básicos e fontes estéticas. Planificación do proxecto e primeiras gravacións (necesaria gravadora de son e cámara de vídeo)
Horario: 10h-14h e 16h-20h
26 de outubro
Primeiro visionado e análise de proxectos
Horario: 10h-14h e 16h-20h
23 de novembro
Revisión dos proxectos e asesoramento cara unha montaxe final
Horario: 10h-14h e 16h-20h
Martes 12 de decembro
Presentación e exhibición pública das pezas realizadas na sesión inaugural da Edición 08 de Novos Cinemas
A XOGOS COA REALIDADE. TALLER DE CINEMA CON BERIO MOLINA
A xogos coa realidade. Sexa esta o que sexa: responder cando chaman polo meu nome; levantarme todos os días da cama; entrar nunha habitación escura con xente descoñecida durante horas… sen falar… Ela parece estar sempre disposta a transformarnos, ou, pola contra, a poñerse á nosa disposición para ser transformada aínda que só sexa unha vez. Semella estar fóra de nós, interpelándonos constantemente, ou dentro, situándonos nese mesmo afora.
En calquera caso, non hai maneira de escapar dela. Durante o tempo que dure o taller buscaremos maneiras de transformar a realidade, sexa esta o que sexa, a través do cinema. E farémolo cun simple xesto, introducindo a cámara en situacións cotiáns do noso entorno, coma se o estivesemos hackeando.
Para conseguilo repasaremos como cineastas, artistas e pensadores afrontaron esta mesma tarefa, e iremos analizando cada unha das propostas do alumnado para entre todes buscar a formalización máis axeitada. Procuraremos o xogo e o risco, e sempre estaremos atentos en respectar a sensibilidade estética e a liberdade de cada quen.
Neste contexto, dez estudantes desenvolverán proxectos individuais ou en parella ao longo das sesións do taller, co horizonte de mostrar os traballos finais na sesión inaugural da edición 08 de Novos Cinemas.
– Na primeira sesión faremos unha presentación do taller e introduciremos conceptos básicos cos que comezar a imaxinar as diferentes propostas, apoiados por referentes e bibliografía. Logo, o alumnado pensará que desexa realizar e fará unha breve presentación onde se debatirán os aspectos básicos do seu proxecto de curtametraxe.
– Na segunda sesión visualizaremos os traballos en desenvolvemento, e debatiremos a súa evolución en base a material real, prestando especial atención tanto á formalización visual como sonora, así como ao axuste conceptual.
– Na terceira e última sesión, resolveremos dúbidas e ultimaremos detalles cara a montaxe final e posterior exhibición pública das curtametraxes na sesión inaugural da edición 08 de Novos Cinemas.
O equipo de Novos Cinemas seleccionará dez aspirantes
O período de selección terá lugar entre os días 11 e 24 de setembro ás 12.00h. O día 25 de setembro publicarase a listaxe das persoas seleccionadas (consultar novoscinemas.com). O equipo de Novos Cinemas contactará cxs estudantes seleccionadxs.
Entre o día 26 e o 27 de setembro ás 12.00h, o estudantado seleccionado deberá confirmar a súa participación vía mail (co asunto: TALLER DE CINEMA CON BERIO MOLINA) ao seguinte enderezo vic.pon@uvigo.es (achegando os seguintes datos: nome e apelidos, grao e curso e copia dixital do D.N.I.)
* Tras a selección, o estudantado comprométese formalmente a asistir a todas as sesións presenciais do taller e a cumprir cos requisitos establecidos no mesmo. No caso de incumprir con algún deses preceptos, o alumno ou alumna perderá, automáticamente, a súa condición de bolseiro ou bolseira.
Tanto na súa estrea o día da inauguración da edición 08 de Novos Cinemas, como en todas as súas sucesivas exhibicións, todas as curtametraxes deberán incluír os logos facilitados pola equipa de Novos Cinemas. Respecto á información relativa as curtametraxes, todos os futuros protocolos de comunicación deben indicar que as curtametraxes se desenvolveron en A xogos coa realidade. Taller de cinema con Berio Molina (Novos Cinemas 08).
*O calendario do obradoiro pode sufrir cambios.
OBXECTIVOS
– Valorar a cotiandade, o contexto social, persoal e político desde o punto de vista estético.
– Afrontar a cercanía vivencial desde a forma audiovisual.
– Poñer o foco no lugar desde donde se grava, o punto de vista parcial, a realidade situada.
– Entender a creación cinematográfica coma un xogo, asumindo o risco e a experimentación como formas esenciais de coñecemento.
– Aprender a manter a independencia e a coherencia estética nun contexto excesivamente competitivo.
– Potenciar o traballo colectivo e o desenvolvemento persoal, prestando sempre atención ás sensibilidades estéticas, identitarias e lingüísticas de cada alumno. A aula será un espazo de seguridade creativa.
– Fomentar o debate e o sentido crítico, a nivel persoal, social e disciplinar.
– Focalizar a mirada crítica no ámbito cinematográfico.
– Comprender a relación entre imaxe e son no eido audiovisual, sempre dependente das accións, corpos, obxectos e lugares cos que interacciona na escena.
Berio Molina
Berio Molina (A Fonsagrada, 1979) é artista e cineasta. Os seus traballos indagan as relacións entre a diverxencia, a linguaxe e a escoita. No 2019 estrea a súa primeira longametraxe 7 Limbos (xunto a Alexandre Cancelo) na X Mostra de Cinema Periférico (S8).
A súa obra exhibiuse en festivais internacionais como Festival Márgenes (Madrid), Istambul International Experimental Film Festival (Estambul), FIVA (Arxentina), LEM (Barcelona), ZEMOS98 (Sevilla), Curtocircuíto (Santiago de Compostela) e en centros de arte como o CGAC (Santiago de Compostela), o MARCO (Vigo), La Casa Encendida (Madrid) ou a Laboral (Xixón).
Tras licenciarse en Belas Artes na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, realiza o Máster en arte dixital da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona e o Máster en Computer Graphic Design da Rochester Institute of Technology de Nova York gracias a unha beca da Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Dende 1999 interesouse pola creación colectiva sendo membro do grupo de performances Flexo, do colectivo de estudos aurales escoitar.org e do colectivo de arte e acción libre alg-a.
Compaxina a súa actividade artística coa investigación na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, donde desenvolve a súa tese doutoral sobre a escritura acusmática no contexto da xeración postalfa. Como parte deste proceso de investigación publicou no 2017 o libro Setras, froito do Premio especial do xurado do Puchi Award concedido por La Casa Encendida. Actualmente está traballando na súa segunda longametraxe, As Aspas (en fase de desenvolvemento), xunto á produtora Sétima, e na curtametraxe Furada Negra. Unha memoria do inframundo, en fase de produción.
filmografía
erre melón (2023 | 14:47)
Radio cu cu (2021 | 20:36)
Sete limbos (2019 | 71:05)
Menos oito (2019 | 07:30)
Manifesto piqui piqui (2019 | internet)
O Garfo (2018 | 05:09)
Campo (2016 | 2:45)
28 setras (2014 | 02:20)
Minuison (2013 | 03:44)
I have trees inside my head.otf (2008 | 00: 39)
Chispas.otf (2004 | 01:34)
Shellac. A minute. At action Park (2023 | 04:28)
Limpotone (2023 | 03:11)
Sanyo Sy-92. (2002 | 03:52)
Es que me doy asco, joder (2002 | 05:19)
Baila maldito (2002 | 03:51)
Shell-act (2002 | 06:15)
Nace o Premio Ceres, para curtametraxes creadas por estudantes de cinema
Pontevedra, 05 de agosto do 2024. - En homenaxe á agricultura e as colleitas…
Agosto 06, 2024Call X Entries // LAB 2024
NOVOS CINEMAS#LAB es un espacio de formación y ensayo para cineastas que se…
Xullo 23, 2024