Javier Rebollo e “Os 400 golpes” inauguran Novos Cinemas

A Edición Ø daba o seu pistoletazo de saída cunha proxección especial da cinta “Os 400 golpes” (François Truffaut, 1959) para escolares de entre 7 e 13 anos. Os novos espectadores dos centros educativos IES Sánchez Cantón, IES Luis Seoane, CEIP A Rúa e Doroteas Pontevedra poideron disfrutar da primeira obra do director francés. A cinta recibiu unha gran acollida entre os estudantes, cunha interesante e participativa ronda de preguntas trala proxección.

Ao mesmo tempo comezaba a primeira sesión do seminario “Só se fai unha primeira película unha vez. Obradoiro amateur de cómo (non) facer unha película hoxe”, impartido por Javier Rebollo. O cineasta analiza neste obradoiro a posibilidade do azar na ficción, así como as disquisiciones nas que o realizador se atopa cando se enfronta á súa ópera prima. “As boas películas teñen partes planificadas e partes improvisadas”, mantiña o director, deixando claro que unha película que se realiza dende a absoluta planificación, dalgunha forma, nace morta. No seminario hai inscritas 40 personas, entre estudantes, profesionais e amantes do cinema.

Pola tarde, unha sesión especial na que Rebollo analiza a ópera prima de Truffaut e a proxección da mesma, agora sí, para todos aqueles espectadores interesados, convírtense no colofón da primera xornada da Edición Ø coa que se estrena Novos Cinemas.

CATEGORÍAS