FORMACIÓN CINEMATOGRÁFICA para os máis novos

O pasado maio, Novos Cinemas participou en PONTENCIENCIA 2023: X FERIA DE LA MINICIENCIA, un vanguardista proxecto que promove o interés pola ciencia e a investigación na sociedade mediante o seu vínculo cos centros de ensino.

PONTENCIENCIA está organizada polo Concello de Pontevedra e financiado polo F. Y. C. Y. T. Ciencia e Innovación -Ministerio de Ciencia e Innovación-. Tamén colaboran a Deputación de Pontevedra, a Universidade de Vigo, a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra #CampusCREA e a FANPA Pontevedra. Novos Cinemas impartiu 2 obradoiros ao alumnado de 5º de educación primaria do Centro Plurilingüe Sagrado Corazón de Placeres e do C.E.I.P. San Martiño. Mediante a interacción e a experimentación co obxecto de estudo, o alumnado coñeceu os vínculos entre as investigaciones sobre o movemento e a locomoción animal e humana desenvolvidas no século XIX, e os inventos denominados xoguetes ópticos.

Tamén reactivamos as matinais #AULA +NOVOS, sesións ideadas para o alumnado máis novo. Estudantes de educación infantil da EEI Crespo Rivas e do CEIP Froebel disfrutaron de tres curtametraxes de animación que, usando diferentes técnicas, tematizan conceptos universais como a amizade, as relacións paterno filiais e a necesidade de arriscarse para gozar plenamente da existencia. Tras a exhibición, o alumnado compartiu as súas impresións co equipo do festival.

Esta actividade desenvolveuse en colaboración co IFcinéma – Institut français. As obras exhibidas foron Dous Amigos (Deux Amis | Francia | 2014) de Natalia Chernysheva, O tigre sen raias (Le tigre sans rayures | Francia | 2018), de Paul Robin Morales Reyes y Lucien Volsy-Roussel, e Paraugas (Parapluies | Francia-España | 2020), de José Prats e Àlvaro Robles.

CATEGORÍAS