#ENCONTRO CON BRUNO ARIAS

16 DEC
12:00 h
Museo de Pontevedra 

De balde

Bruno Arias

Bruno Arias presentará a súa esperada primeira longametraxe, Os espazos en branco. Un traballo que ilustra tentativa do cineasta de resolver unha eiva: non é quen de rememorar vívidamante á súa tía, a poeta Xela Arias, pois feneceu cando el tiña cinco anos. Este obxectivo, o de intentar compoñer o retrato dunha figura ausente que gravita sobre a súa existencia con suma intensidade, o impele a investigar e vivir co seu entorno máis próximo.


Bruno Arias (Vigo, 1998) é un cineasta vigués que traballa no eido da dirección, o guión e a montaxe. Nos últimos anos participou en proxectos como a curtametraxe Na pel da memoria (Laura e Coral Piñeiro, 2023) ou os videoclips Glass (Xaime Miranda, 2023) e Fotos (Bruno Arias, 2023), así como en series web e programas de televisión. É parte do colectivo Memoria e Cinema, onde neste momento colabora en diversos proxectos desde diversas áreas do proceso creativo. Os espazos en branco (2023) é a súa primeira longametraxe, da que é director, coguionista e comontador.