xurado oficial


XURADO OFICIAL

 

PELA DEL ÁLAMO
Pela del Álamo (Madrid, 1979) é licenciado en Comunicación Audiovisual e Máster en Documental de Creación pola  UPF. En 2005 crea delÁlamo estudio, onde combina a súa actividade profesional con proxectos persoais. Dirixiu e produciu dúas películas documentais A cuarta pista (2006) e  N-VI (2012). Con esta última consegue recoñecementos no Festival de Málaga ou Alcances e asiste a Cinespaña e  LimaIndependiente. Desde 2013 é director artístico de Curtocircuíto FIC, onde comisariou retrospectivas sobre Peter Greenaway, Aki  Kaurismäki ou Sergei  Loznitsa. É programador en LA OLA (Los Angeles). Foi xurado en festivais internacionais como Curtas Vila  do Conde, Riga IFF ou Hamburg IFF. Membro fundador e secretario de  Proxecta (Coordinadora de  Festivais de Cinema de Galicia) e vicepresidente de PANTALLA (Federación Estatal de Coordinadoras de Festivais de Cinema), actualmente está a desenvolver a súa próxima longametraxe Montaña ou  Morte para Zeitun Films.

 

ELENA DUQUE
Elena Duque é programadora, escritora cinematográfica, docente e cineasta. É programadora e responsable do departamento editorial de  S8 (Mostra de Cinema Periférico da Coruña) e do Festival de Cinema Europeo de Sevilla. Como programadora, editora e moderadora, traballou para o festival de Xixón, o  IFFR Róterdan e o  Bafici (Buenos Aires), para o que editou o libro Val del Omar. Máis allá de la órbita terrestre (2015). Tamén deseñou programas para Images do Festival de Toronto, San Francisco Cinematheque, Tabakalera ou Cineteca Matadero. Colaborou en diferentes publicacións, e é editora do libro 8 super 8. Dirixiu talleres e impartiu docencia en La Casa Encendida, Master LAV (Madrid) e na Aula Xcèntric (Barcelona), entre outros. En 2020 o Echo Park Film Center de Los Angeles dedicou un programa monográfico á súa obra como cineasta.


NURIA GIMÉNEZ LORANG
Nuria Giménez naceu en Barcelona en 1976. Estudou Xornalismo, Relacións Internacionais e Realización de Cinema Documental. Viviu en Berlín, París e Londres, onde exerceu varios tipos de traballo, a maioría sen ningunha relación co cinema nin entre si. Na última década, foi ampliando a súa formación en seminarios e clases maxistrais de cineastas como Isaki Lacuesta, Andrés Duque, Virginia García del Pino, Sergei Dvortsevoy, Patricio Guzmán, Wang Bing ou Frederick Wiseman. A súa  seu primeira curtametraxe, Kafeneio, foi presentada en DocumentaMadrid 2017 e en MIDBO 2017. My Mexican Bretzel, a súa primeira longametraxe, recibiu os premios de mellor película, mellor guión e mellor dirección do xurado de cinema español no FICX ‘19. Ademais participou no IFFR  Rotterdam, en Visions du Réel e no Festival D’A, onde tamén gañou o premio do público.