MOSQUITO
Portugal, Francia | 2020 | 125′ | Cor | ESTREA EN GALICIA
Dirección/Direction: João Nuno Pinto.. Guión/Script: Fernanda Polacow and Gonçalo Waddington, original idea by João Nuno Pinto. Fotografía/Cinematography: Adolpho Veloso. Montaxe/Editing: Gustavo Giani. Música/Music: Justin Melland. Son/Sound: Gita Cerveira, Tiago Raposinho and Matthieu Deniau. Intérpretes/Cast: João Nunes Monteiro, Sebastian Jehkul, Filipe Duarte, Josefina Massango, Miguel Moreira. Produción/Production: Paulo Branco, Ana Pinhão Moura and Mario Peixoto. Produtora/Production Company: Leopardo Filmes (Portugal), Alfama Films Production (France).
Soñando con grandes aventuras e coa defensa da súa patria, o xoven Zacarías alístase no exército durante a Primeira Guerra Mundial e é enviado a Mozambique, primeira liña da fronte africana. Abandonado polo seu pelotón, e emprendendo unha extenuante travesía a través do místico territorio Makua, Zacarías camiña máis de mil quilómetros en busca do seu soño.
Festivais:
IFFR Rotterdam 2020. Voices. Big Screen Competition
La Mostra de Valencia 2020. Official Selection
Tras unha recoñecida carreira internacional no eido da publicidade, João Nuno Pinto (Mozambique, 1969) estrea a súa primeira longametraxe, América (2010), unha irónica aproximación ao Portugal contemporáneo desde o punto de vista da inmigración ilegal. A película foi seleccionada e premiada en numerosos festivais internacionais. Mosquito, a súa segunda longametraxe, inspírase nas vivencias do seu avó paterno durante a Primeira Guerra Mundial.