si yo fuera el invierno mismo

SI YO FUERA EL INVIERNO MISMO

If I were the winter itself | Se eu fora o inverno mesmo 

Argentina | 2020 | 92’ | Cor | ESTREA EN ESPAÑA

Dirección/Direction: Jazmín López. Guión/Script: Jazmín López. Fotografía/Cinematography: Rui Poças. Montaxe/Editing: Jazmín López, Alan Segal. Música/Music: Julio Sosa, Era, Kate Bush, Klaus Nomi. Son/Sound: Juan Ignacio Bernardis. Intérpretes/Cast: Clara Trucco, Rafael Federman, Gianluca Zonzini, Martín Shanly, Laila Maltz. Produción/Production: Jazmín López, Constanza Sanz Palacios, Mariana Luconi, Scott Macaulay. Produtora/Production Company: Constanza Sanz Palacios Films, Oh My Gomez! Films, Roberto me dejó Films, Universidad del Cine.

Durante o período de dó vital motivado pola ruptura sentimental coa súa antiga parella, Carmen, unha xove artista e bailarina, viaxa con tres colegas a un pazo pertencente á familia de Bioy Casares, onde intentará fuxir da súa dor mergullándose na creación dunha nova obra.

 


Festivais:

IFF Rotterdam 2020. Bright Future

Indie Lisboa 2020. International Competition


Jazmín López é unha directora e artista arxentina, cuxa primeira longametraxe, Leones, estreouse no Festival de Venecia en 2012 na sección Orizzonti. Recibiu o Bisatto d’Oro á mellor dirección en Venecia (2012), e o premio especial do xurado no BAFICI 2013 (Buenos Aires). Tras a súa estrea en Italia e Arxentina, a película participou en numerosos festivais, entre eles o prestixioso New Directors / New Films (Nueva York). Si yo fuera el invierno mismo é a súa segunda longametraxe.