ar acondicionado

AR CONDICIONADO

Air conditioner | Aire acondicionado

Angola | 2020 | 72’ | Cor | ESTREA EN GALICIA

Dirección/Direction: Fradique. Guión/Script: Fradique & Ery Claver.
Fotografía/Cinematography: Ery Claver, Eduardo Kropotkine. Montaxe/Editing: Zeno Monyak. Música/Music: Aline Frazão. Son/Sound: Oswald Juliana. Intérpretes/Cast: José Kiteculo, Filomena Manuel, David Caracol. Produción/Production: Jorge Cohen. Produtora/Production Company: Geração 80, FINANCIAL SUPPORT OF INTERNATIONAL FILM FESTIVAL ROTTERDAM

Cando os aparellos de aire acondicionado de Luanda comezan a caer misteriosamente, o garda de seguridade Matacedo e a serventa Zezinha embárcanse na misión de recuperar o aparello de aire acondicionado do seu xefe.


Festivais:

IFFR Rotterdam 2020. Brigth Future.

FIFF 2020 (Switzerland).

Red Sea IFF 2020 (Saudi Arabia).


Fradique é un dos cineastas máis talentosos do cinema angoleño contemporáneo. Licenciado en Cinema en Estados Unidos e fundador da produtora Geração 80, dirixiu a curtametraxe Alambamento (2010), o documental Independence (2015) e vídeos musicais para artistas angoleños como Nástio Mosquito e Aline Frazão. Actualmente está a traballar na súa próxima longametraxe O Reino dás Casuarinas (2022). Ar condicionado é a súa segunda longametraxe.