ANUNCIARON TORMENTA
Anunciaron tormenta | A storm was coming
España | 2020 | 71’| Cor | ESTREA EN GALICIA
Dirección/Direction: Javier Fernández Vázquez. Guión/Script: Javier Fernández Vázquez. Fotografía/Cinematography: Lati Maraña AEC., Javier Fernández Vázquez, José Luis Ndong Ona Andeme, Natalia Marín Sancho, María Gestoso García. Montaje/Editing: Javier Fernández Vázquez. Sonido/Sound: Roberto Fernández. Etalonaje/Color grading: Régis Barbe. Producción/Production: Iván Pérez Ortega, Ruben Monsuy Ndong, José Luis Ndong Ona Andeme, Patricia Mejías Ramos
En 1904, Ësáasi Eweera, un dos últimos líderes bubis que se opuxeron ás autoridades españolas na illa de Fernando Poo (territorio pertencente á actual Guinea Ecuatorial) foi detido por gardas coloniais e levado pola forza a Santa Isabel, capital da colonia. Encarcerado e gravemente ferido, Eweera morreu tres días máis tarde. A súa aldea foi incendiada e moitos dos seus habitantes desapareceron.
Festivales:
Berlinale 2020. Forum
Documenta Madrid 2020.
.
Javier Fernández Vázquez (Bilbao, 1980) é director de cinema e investigador en cultura visual. En 2007 dirixe a súa primeira curtametraxe, Señales de indiferencia, mellor curtametraxe internacional en FIC Valdivia. En 2008 fundou, xunto a Luís López Carrasco e Natalia Marín Sancho, o colectivo Los Hijos. A súa primeira longametraxe, Los materiales (2010), obtivo o premio Jean Vigo á mellor dirección no FICD Punto de Vista e unha mención especial en FIDMarseille. Os seus seguintes traballos proxectáronse en numerosos festivais, museos e centros de arte contemporánea. En 2015, Javier inicia a súa carreira académica no ámbito da antropoloxía e a cultura visual. Anunciaron tormenta é a súa primeira longametraxe en solitario.