Convocatoria xurado Novo 2023. Convocatoria aberta

Queda aberta a convocatoria para os membros da comunidade universitaria con interese en participar como xurado da Edición 08 de Novos Cinemas. Poderá participar o estudantado da Universidade de Vigo matriculado no Campus de Pontevedra no curso académico 2023/2024 (grao, mestrado, doutoramento), e todas aquelas persoas tituladas no curso académico 2022/2023 (grao, mestrado, doutoramento), no Campus de Pontevedra.

O xurado outorgará o seguinte premio da Sección Oficial da Edición 08 de Novos Cinemas:
– Premio Xurado Novo á mellor dirección de longametraxe

CONDICIÓNS
– Ser membro do Xurado Novo implicará dispoñibilidade total durante os seis días que dura o certame (do 12 ao 17de decembro do 2023)
– Os membros do Xurado Novo comprométense a visionar TODAS as longametraxes da Sección Oficial coa finalidade de emitir un veredicto suficientemente motivado na xornada de deliberación.
– A cada membro do Xurado Novo entregaráselle unha acreditación para acceder a todas as sesións de cinema do festival, vales de manutención, así como unha entrada para as galas de inauguración e clausura.

SELECCIÓN E COMUNICACIÓN
– A organización do festival seleccionará os candidatos. O equipo de comunicación do festival porase en contacto coas persoas seleccionadas e publicará a listaxe na web do festival (https://www.novoscinemas.com) e na web da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (http://campuspontevedra.uvigo.es/).

ACEPTACIÓN DAS BASES e CESIÓN DE DEREITOS
– A inscripción como Xurado Novo no festival NOVOS CINEMAS implica a aceptación e o compromiso de cumprimento destes requisitos.
– A organización de NOVOS CINEMAS se reserva o dereito de facer excepcións puntuais a estas bases por forza causa maior.

[contact-form-7 404 "Not Found"]

CATEGORÍAS