Categoría: Sen categoría

O festival Novos Cinemas abre o prazo de recepción de obras para a súa sexta edición, que se celebrará do 14 ao 19 de decembro

Cineastas emerxentes de todo o mundo poden inscribir ata o próximo 5 de setembro os seus filmes nalgunha das dúas seccións competitivas do festival: a Sección Oficial e Latexos. Pontevedra, 26 de maio do 2021. - Dende hoxe mesmo xa é posible presentar filmes para participar na Edición 06 de Novos Cinemas - Festival de…

Así foi Novos Cinemas 05

Novos Cinemas - Festival Internacional de Cine de Pontevedra, celebrou a súa quinta edición entre os pasados 15 e 20 de decembro. Nunha edición marcada pola seguridade, a actual situación sanitaria e os peches perimetrais da gran maioría das localidades galegas, o certame apostou polo espallamento de gran parte dos seus contidos máis alá da…

Palmarés Novos Cinemas 05

O Xurado Internacional, formado por Elena Duque Viña, Pela del Álamo Herrera e Nuria Giménez Lorang, concédelle o Premio Novos Cinemas á mellor longametraxe da Sección Oficial a ‘IL N’Y AURA PLUS DE NUIT’, de Eléonore Weber, “por ser unha película que, a través dunha narración sobria e precisa, convida a unha reflexión poliédrica sobre…

Novos Cinemas comeza o próximo martes cunha edición híbrida que se desenvolverá simultaneamente en Pontevedra e Filmin

As entradas para asistir ás sesións presenciais, que terán lugar entre o martes 15 e o domingo 20 de decembro, xa se atopan á venda a través de ataquilla.com O cineasta Luis López Carrasco, protagonista do foco desta edición e finalista dende onte a tres Premios Feroz coa súa película El año del descubrimiento (mellor…

Novos Cinemas xa está en Filmin!

En Novos Cinemas encántanos que a nosa paixón polo cinema chegue alí onde esteades. Debido á situación sanitaria actual, este ano tivemos que reducir o aforo das nosas proxeccións polo que decidimos apostar polas plataformas dixitais creando unha canle en Filmin para Novos Cinemas. Nesta canle reproduciremos unha gran parte de proxeccións para aquelas persoas…

Descubre os nove filmes da Sección Oficial de Novos Cinemas e aos membros do xurado

A quinta edición de Novos Cinemas - Festival Internacional de Cine de Pontevedra, que se celebrará entre o 15 e o 20 de decembro, presenta hoxe a súa Sección Oficial. Nove propostas, todas primeiras ou segundas obras, que aspiran a representar un dos posibles diagramas do cine contemporáneo máis creativo e arriscado. ACCIDENTAL LUXURIANCE OF…

Andrés Goteira e Nuria Giménez participarán nos Encontros da nova edición de Novos Cinemas

Novos Cinemas aspira ser en cada edición un espazo de intercambio de ideas e conversacións máis aló da promoción e o descubrimento de novos e novas cineastas e películas. Cos #Encontros de Novos Cinemas xorde un foro cinematográfico que fomenta o diálogo entre diferentes axentes do sector do cine e estimula o intercambio de ideas…

Novos Cinemas presenta os proxectos que forman parte do LAB, o seu programa de asesoramento

A selección desta edición está formada polos próximos traballos de Cristóbal Álvarez, Nicolás Suárez, Zeltia Outeiriño, Mo Scarpelli e Helena Santín. A quinta edición de Novos Cinemas - Festival Internacional de Cine de Pontevedra, que se celebrará entre o 15 e o 20 de decembro, fai hoxe públicos os nomes dos proxectos escollidos para formar…

Sol Berruezo, Javier Fernández Vázquez, Manuel Embalse e Isabel Lamberti competirán na sección Latexos de Novos Cinemas

A quinta edición de Novos Cinemas - Festival Internacional de Cine de Pontevedra, que se celebrará entre o 15 e o 20 de decembro, anuncia hoxe as longametraxes que formarán parte de LATEXOS, a súa sección competitiva adicada a películas de natureza íntima e fráxil, feitas case de xeito artesanal. Serán as arxentinas ¿Qué hago…

Novos Cinemas adícalle un foco en solitario ao cineasta Luis López Carrasco

A quinta edición de Novos Cinemas - Festival Internacional de Cine de Pontevedra, que se celebrará entre o 15 e o 20 de decembro, desvela hoxe os primeiros contidos da súa programación: un foco adicado ao cineasta Luis López Carrasco, e as propostas que abrirán e pecharán esta edición: Lúa Vermella, de Lois Patiño, e…