Categoría: Sen categoría

Novos Cinemas amosará as primeiras imaxes de Matria, o debut na longametraxe de Álvaro Gago

Novos Cinemas está artellando para a súa sexta edición, que se celebrará entre os próximos 14 e 19 de decembro, varias actividades relacionadas co LAB, o espazo de asesoramento e diálogo entre cineastas noveis e axentes cualificados e especialmente sensibles a proxectos cinematográficos de natureza independente. Os proxectos seleccionados para esta edición do Novos Cinemas…

A cineasta María Pérez Sanz será a protagonista do foco desta edición de Novos Cinemas

Novos Cinemas, que se celebrará entre os próximos 14 e 19 de decembro, dedicaralle por primeira vez en España un foco á directora e guionista María Pérez Sanz (Cáceres, 1984). O cuestionamento e a exploración son os eixos sobre os que gravita a produción cinematográfica e audiovisual da cineasta. O festival exhibirá as súas obras…

Clausurará a sexta edición de Novos Cinemas ‘Espíritu sagrado’ o esperadísimo debut na longametraxe de Chema García Ibarra

O 19 de decembro Chema García Ibarra clausurará o festival con Espíritu Sagrado, o seu esperado debut na longametraxe. Nunha obra tráxica e divertida ao mesmo tempo, García Ibarra céntrase na historia de José Manuel e o resto de membros da asociación ufológica Ovni-Levante, que se reúnen semanalmente para intercambiar información sobre mensaxes extraterrestres e…

Novos Cinemas acollerá na súa apertura a estrea en Galicia de ‘A Virxe Roxa’ de Marcos Nine

Novos Cinemas presenta para a súa sexta edición, que se celebrará entre os próximos 14 e 19 de decembro, unha proposta de apertura á marxe de modas e correntes e guiadas por unha a radicalidade estética tan singular como recoñecible, como é o de Marcos Nine. Os seu último e esperado traballo, A Virxe Roxa…

OS ENTES – OBRADOIRO DE REALIZACIÓN E DIRECCIÓN DE ARTE

Xoves 16 e Venres 17 de Decembro Horario: 17.00h a 20.00h Número de prazas: 10 Duración: 6 horas Facultade de Belas Artes de Pontevedra Público Xeral: 30 Euros Estudantes: 15 Euros É necesario adxuntar o xustificante de pago. Ingreso vía transferencia na conta ES7200496737022910009006 a nome de ACC NOVOS CINEMAS. Concepto: Obradoiro Os Entes. Novos…

Dous meses de experimentación guiada para abrir Novos Cinemas

Vía Universidade de Vigo Achegarse ao cinema desde a confluencia con outras artes e linguaxes e experimentar con diferentes formatos, técnicas e ferramentas, co obxectivo final de dar forma a unha serie de curtametraxes que se estrearán o 14 decembro, na xornada inaugural da sexta edición de Novos Cinemas. Esta é a proposta que o…

BUSCAMOS VOLUNTARIOS

O equipo de Novos Cinemas convida ao alumnado do campus de Pontevedra a formar parte do equipo de voluntari@s da Edición 06 de Novos Cinemas. Se queredes coñecer o noso festival, desexades traballar con xente nova, se vos queredes divertir mentras desenvolvedes un traballo indispensable para o festival, colaborade con nós nesta singular experiencia. Durante…

Seleccionados/as Obradoiro Adrián Canoura

Entre o 27 e o 30 de setembro, os estudantes seleccionados deberán confirmar a súa participación vía mail (co asunto: OBRADOIRO DE CINEMA CON ADRIÁN CANOURA) ao seguinte enderezo vic.pon@uvigo.es (achegando os seguintes datos: nome e apelidos, grao e curso e copia dixital do D.N.I.) Tras a selección, o estudantado comprométese formalmente a asistir a…

O creador Adrián Canoura impartirá o obradoiro de Novos Cinemas para alumnado da Universidade de Vigo

Novos Cinemas - Festival de Cinema Internacional de Pontevedra continuará na súa sexta edición coa súa clara aposta pola formación audiovisual para todas as idades a través do programa #AULA. Este ano será o cineasta Adrián Canoura o que impartirá un obradoiro dirixido ao alumnado campus de Pontevedra da Universidade de Vigo que levará por…

Equipo asesor do Novos Cinemas #LAB: Elena Martín, Isona Admetla, Ricardo Saraiva e Xavi Font

O #LAB é o encontro que Novos Cinemas organiza entre cineastas noveis e axentes cualificados e especialmente sensibles a proxectos cinematográficos de natureza independente. A convocatoria para participar estará aberta a cineastas de calquera parte do mundo, a condición de que o proxecto co que se presenten supoña a súa primeira ou segunda película.  A…