Categoría: Sen categoría

#BAIXOASESTRELAS Cinema e música na rúa

#Baixoasestrelas é a sección do festival que aúna cinema de verán máis música na Praza da Pedreira, un dos espazos máis emblemáticos da zona monumental pontevedresa. O día 01 de xullo, ás 23.30 h. gozaremos da proxección de María (y los demás), un dos éxitos cinematográficos do cinema galego recente, para continuar cunha sesión de música a cargo…

Alejandra Trelles, Carlos Losilla e Nely Reguera serán o Xurado Internacional da Edición 02 de Novos Cinemas

O Xurado Internacional da Edición 02 do Festival Novos Cinemas, que terá lugar do 27 de xuño ao 2 de xullo, estará formado polo crítico Carlos Losilla, a programadora Alejandra Trelles e a cineasta Nely Reguera. Os tres membros deste xurado visionarán as nove películas incluídas na Sección Oficial e serán os encargados de outorgar o Premio Novos Cinemas á Mellor Longametraxe.…

ABERTA A CONVOCATORIA DO XURADO NOVO

Hoxe ábrese a convocatoria para os membros da comunidade universitaria interesados en participar como xurado da sección oficial da Edición 02 de Novos Cinemas. A organización do festival seleccionará 5 candidatos de entre todos aqueles interesados, a condición de que cumpran dous requisitos fundamentais: formar parte da comunidade do Campus de Pontevedra e ter entre…

“EN CONSTRUCCIÓN” DE JOSÉ LUIS GUERÍN, SEGUNDA SESIÓN DE CINED

A colaboración con CinEd continúou no Teatro Principal coa proxección de "En construcción" (José Luis Guerín, 2001). Este proxecto, -inscrito dentro de #AULA+NOVOS, o programa formativo para a poboación escolar de Novos Cinemas-, trata de despertar o interés polo cinema desde edades máis novas, motivando a capacidade de reflexión sobre as imaxes, ademáis de aprender a disfrutalo.…

Santiago Fillol, Mariana Barassi, Felipe Lage e Ramiro Ledo, asesores do #LAB de Novos Cinemas

NOVOSCINEMAS#LAB, o programa de orientación para realizadores e realizadoras noveis de Novos Cinemas, que se desenvolverá durante os días 30 de xuño e 1 de xullo dentro do marco do festival, contará nesta edición co asesoramento de Santiago Fillol, Mariana Barassi, Felipe Lage e Ramiro Ledo. Estes profesionais achegarán o seu punto de vista e…

listaxe de admitidos no obradoiro correntes, impartido por oliver laxe

Os dez aspirantes que participarán no obradoiro “CORRENTES”, impartido polo cineasta Oliver Laxe, todos pertencentes ao Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, serán: Marta Valverde Lois Búa David Cruces Raquel López Luz Ester García Noemí Parga Iglesias Andrea Alonso Lorenzo Ariadna Cordal Vanesa Soares Pablo Aguilar Martín Durante os próximos meses de abril, maio…

Short Stay estrease en varias cidades grazas ao público

Santiago de Compostela, Vigo e Barcelona foron as cidades escollidas para estrear en España a longametraxe Short Stay (Ted Fendt, 2016), premio do Xurado Novo na primeira edición deste certame. O premio consistía na estrea do filme en salas españolas mediante o sistema de proxeccións baixo demanda impulsado por Screenly. Este innovador sistema de exhibición, tamén…

NOVOSCINEMAS#LAB abre a súa convocatoria para a edición 02

NOVOS CINEMAS#LAB, o programa de orientación para realizadores e realizadoras noveis de Novos Cinemas, que se desenvolverá durante os días 30 de xuño e 1 de xullo dentro do marco do festival, abre o seu período de recepción de proxectos. O #LAB consiste nun encontro que o festival organiza entre cineastas noveis e axentes cualificados e especialmente…

Obradoiro con Oliver Laxe. Inscricións abertas

Oliver Laxe recolle o testigo de Lois Patiño e impartirá un obradoiro para o alumnado campus de Pontevedra da Universidade de Vigo en colaboración co festival Novos Cinemas. A formación -que levará o nome de "CORRENTES"-, estará en todo momento supervisada e titorizada polo cineasta. As sesións se desenvolverán o día 04 de abril,  05 de maio, e 12…

RESONANCIAS, ESPAZO PARA A CRÍTICA CINEMATOGRÁFICA

En Novos Cinemas abrimos a convocatoria para Resonancias, sección na que se escollerá un dos títulos a competición a partires das propostas dos críticos cinematográficos. Con esta iniciativa o festival busca dar voz ás firmas máis novas, especialmente as xurdidas de internet, e estabelecer un diálogo entre crítica e público. Éste é o obxectivo desta colaboración…