BLANCO EN BLANCO

BLANCO EN BLANCO

Branco en branco 

Mércores 11 21.30h. Teatro Principal
 

Entradas á venda

España, Chile | 2019 | 100’ | Cor

Dirección/Direction: Théo Court. Guión/Script: Théo Court, Samuel M. Delgado. Fotografía/Cinematography: Jose A. Alayón. Montaxe/Editing: Manuel Muñoz Rivas. Música/Music: Jonay Armas. Son/Sound: Carlos E. García. Intérpretes/Cast: Alfredo Castro, Lars Rudolph. Produción/Production: Jose A. Alayón, Giancarlo Nasi. Produtoras/Production Companies: El Viaje Films, Quijote Cine.

No preludio do século  XX, Tierra del Fuego é un territorio hostil e violento, onde chega Pedro para fotografar o matrimonio do poderoso latifundista Mr.Porter. A futura esposa, apenas unha nena, converterase na súa obsesión. Tratando de capturar a beleza, traizoará ao poder que domina o territorio e será desposuído dos seus privilexios. Pedro non poderá escapar, e acabará sendo partícipe dunha sociedade que convive co xenocidio dos nativos Selknam.


 

Festivais:

76th Venice Mostra IFF – Best Director Prize, ORIZZONTI. FIPRESCI Award

FICX 2019 (Gijón)


.

Théo Court (1980) nace en Ibiza, fillo de pais chilenos, en 1996 trasládase a Chile, onde inicia a súa formación como cineasta. Estuda fotografía en Madrid e se gradúa en dirección na Escola de Cinema de San Antonio de los Baños (Cuba). En 2007 gana o fondo Hubert Bals para desenvolver o guión da súa primeira longametraxe, Ocaso. Blanco en blanco, a súa segunda longametraxe, estrease na Sección Orizzonti da Mostra de Venecia, onde obtén o León á Mellor Dirección e o FIPRESCI (Federación Internacional da Prensa Cinematográfica).