BERG

16 DEC.
19.00h.
Teatro Principal

+ Coloquio

BERG

Holanda | 2021 | 79 | B/N | ESTREA EN ESPAÑA

Dirección/Direction: Joke Olthaar. Guión/Script: Joke Olthaar. Fotografía/Cinematography: André Schreuders. Montaxe/Editing: Katarina Türler. Música/Music: Rutger Zuydervelt. Son/Sound: Hugo Dijkstal. Produción/Production: Koert Davidse, Marc Thelosen. Produtora/Production Company: Serious Film, Netherlands film Fund, City of Rotterdam Visual Arts.

BERG é a experiencia visual dunha vasta paisaxe montañosa e da insignificancia do home respecto á mesma. Mediante imaxes en branco e negro cunha banda sonora minimalista, esta viaxe sensorial revélanos unha memoria ancestral: a da montaña como ente mítico e universal.

Joke Olther é unha experimentada creadora teatral. Todas as súas obras tratan sobre a natureza ou se representan en contornas naturais. O seu documental musical, Here is Harry Merry, foi todo un éxito no IFRR Rotterdam de 2013 e foi cualificado por Volkskrant como unha verdadeira xoia. Xunto a André Schreuders realizou a curtametraxe Duet of Three Idiots. BERG é a súa primeira longametraxe.

FESTIVAIS

IFFR Rotterdam 2020. Brigth Future

Nederlands Film Festival 2021. The Forum of the Directors’. Vevam Found Prize