NOVOS CINEMAS. FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE PONTEVEDRA celebrarase na cidade de Pontevedra, Galicia (España) do 10 ao 15 de decembro do 2019, e ten como finalidade principal detectar e difundir o talento cinematográfico dos cineastas emerxentes, poñendo especial énfase no cinema de carácter autoral.
PRESENTACIÓN
NOVOS CINEMAS#LAB ten como obxectivo xerar unha área de asesoramento e orientación que favoreza o desenvolvemento dos proxectos dos realizadores noveles.
O #LAB promoverá o encontro entre cineastas e axentes cualificados e especialmente sensibles a proxectos cinematográficos de natureza independente. A finalidade desta interacción é que as obras poidan adaptarse, co maior grao de operatividade e funcionalidade posible, a uns mercados en constante mutación.
Os proxectos supoñerán a primeira ou segunda obra de longametraxe dos seus autores e deberán atoparse en fase de desenvolvemento (escritura, procura de apoios, pre-produción, etc).
Logo dun proceso de selección previo levado a cabo polo equipo de Novos Cinemas o #LAB terá lugar durante a celebración do Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, entre o 11 e o 14 de decembro de 2019. Esta segunda fase consistirá na análise, estudo e asesoramento pormenorizado dos proxectos seleccionados para que poidan materializarse da mellor maneira posible, acadando así os maiores réditos artísticos e económicos. Esta tarefa será desenvolvida por profesionais especializados de contrastada experiencia.
NOVOS CINEMAS#LAB será un espazo de formación e ensaio para cineastas que se atopan nos inicios da súa carreira profesional. Os realizadores e/ou produtores participantes poderán adquirir as competencias e habilidades necesarias para poder defender, co maior grao de operatividade, funcionalidade e rendibilidade posible, os seus proxectos nunha futura situación de natureza profesional.
Co gallo de fomentar e estimular a produción cinematográfica galega, cando menos unha das catro prazas do NOVOS CINEMAS#LAB 04 destinarase ao proxecto cinematográfico dun cineasta da nosa comunidade autónoma: Galicia.
O período de admisión de proxectos extenderase do 19 de xuño ao 25 de setembro de 2019.
INSCRICIÓN
- A convocatoria está aberta a proxectos de carácter rexional, nacional e internacional con independencia da área xeográfica á que pertenzan.
- Convocaranse catro (4) prazas para catro (4) proxectos. Cando menos, unha das prazas destinarase a proxectos da comunidade autónoma galega.
- Os proxectos deberán atopase na fase inicial da produción: escritura, desenvolvemento, pre-produción.
- A documentación poderá presentarse nos seguintes idiomas: español, galego e inglés.
- A inscripción farase a través do cumprimento da Ficha de Inscrición aloxada na WEB: https://www.novoscinemas.com/gl/ficha-de-inscripcion-lab-2019/
- Adxuntarase un dossier ca información pertinente sobre o desenvolvemento e intencións do proxecto.
- No caso de incorporar material audiovisual, este achegarase mediante enlaces privados de visionado (Vimeo e similares).
- A data límite de presentación da documentación é o día 25 de setembro do 2019.
- O equipo de Novos Cinemas notificará vía mail aos autores dos proxectos seleccionados da súa inclusión no programa NOVOS CINEMAS#LAB 04. Os autores
e/ou produtores deberán confirmar a súa asistencia durante a semana seguinte á confirmación.
NOVOS CINEMAS#LAB
✓ O #LAB desenvolverase entre os días 11 e 14 de decembro de 2019.
✓ Os proxectos seleccionados serán estudados, analizados e asesorados detalladamente por catro profesionais de recoñecido prestixio internacional.
✓ A organización farase cargo dos gastos de estancia e manutención dos realizadores/as seleccionados, así como dunha porcentaxe –por determinar, segundo traxecto e tarifas– do importe das viaxes.
✓ No caso de que algún dos proxectos participantes no #LAB se materialice, quen teña a titularidade dos dereitos comprométense a incluír nos títulos de crédito de presentación do filme o a imaxe do NOVOS CINEMAS#LAB que será proporcionada polo equipo de Novos Cinemas.
Para calquera outra información, comunicarse no mail: info@novoscinemas.com