#AULA+NOVOS focaliza a súa atención na poboación escolar –que abrangue dende a educación infantil ata o bacharelato–.
En #AULA+NOVOS conxugamos tres tipos de actividades para os escolares: Este curso 2016-1017 iniciamos a nosa colaboración co prestixioso programa educativo europeo #CinEd; presentamos #NACLASE, proposta que pretende poñer en marcha unha serie de iniciativas específicas nas aulas dos centros educativos; e por último, durante a celebración do festival terá lugar o obradoiro de solarigrafía LUZ•SOL•TEMPO, no que rapaces e rapazas entre os oito e os doce anos poderán experimentar cos principios científicos que regulan a propagación da luz, a percepción visual humana e os fundamentos da ciencia óptica.