29-30 Junio | 10:00h – 13:00h| Casa das Campás | De balde previa inscripción
LUZ•SOL•TEMPO continúa a fructífera relación establecida cos cineastas e docentes Diego Calvín, Otto Roca e José Luiz Oubiña na Edición 01 de Novos Cinemas. O obradoiro de solarigrafía para rapaces e as rapazas de entre os oito e os doce anos, céntrase nos limiares da fotosensibilidade no interior dunha cámara escura. Traballaremos desde o interior dunha cámara escura creada a escala humana, no que desenvolveremos actividades para achegármonos a comprender mellor os fenómenos de propagación da luz, o proceso de formación dunha imaxe e os principios que rexen a fotosensibilidade.
Estudarase sobre un caso práctico as causas que foron determinantes e animaron ás persoas pioneiras do século XIX a desenvolver e perfeccionar as cámaras escuras, o invento da fotografía e a súa posterior evolución cara á captación de imaxes en movemento.
As persoas participantes coñecerán o sistema de traballo coa solarigrafía, con algúns exemplos e posibilidades de adaptación de cámaras dixitais e/ou analóxicas en dispositivos estenopeicos para a gravación de vídeo.
Impartido por
Diego López Calvín, Otto Roca y José Oubiña
solarigrafia.com
Dirixido a rapaces de 8-12 anos.
Gratuíto previa inscrición (ata o luns 26):
Enviar e-mail co asunto “Obradoiro +NOVOS ” a info@novoscinemas.com, e cumplimentar a Autorización (Descarga).