Profundando na nosa vontade de achegar o cinema ao público máis novo de maneira activa e desprexuizada, e confiando sempre no seu instinto e na súa sensibilidade, deseñamos unha programación que aspira a que mozos e mozas interactúen entre eles e compartan as súas descubertas e inquedanzas a través do cinema.
Un encontro entre dous cineastas galegos e o estudantado de bacharelato artístico da nosa cidade, intentará promover o diálogo entre os escolares, os cineastas e as súas películas; e un obradoiro impartido polas imaxinativas colegas de Taller Abierto completan a proposta de #AULA+NOVOS para a Edición 05 de Novos Cinemas.