#aulacampus

OBRADOIRO CON ELOY DOMÍNGUEZ SERÉN

15 Decembro | 16.30h. | Teatro | Gratuíto

 

O cinema en primeira persoa é unha modalidade íntima e introspectiva, complexa, heteroxénea e notablemente frutífera, que vén de evidenciarse nos últimos anos como un terreo extraordinariamente fértil na experimentación e innovación fílmica. Este tipo de cinema gravita arredor da exploración do “eu” no seu sentido máis amplo e adéntrase en estimulantes procesos de indagación persoal e creación audiovisual, tanto en termos de produción como de linguaxe cinematográfica, propiciando achegas estéticas, discursivas e mesmo políticas.

O noso obradoiro propuxo un achegamento integral a este modo de facer cinema, coa ilusión de animar aos nosos alumnos e alumnas a atopar a súa voz autoral e a expresala a través da súa propia obra. O principal obxectivo foi o de afondarmos nun tipo de cinema que, malia gozar dun crecente prestixio e acadar unha excelente acollida en festivais especializados, é aínda relativamente descoñecido entre o público xeral.

 


NOME FEMININO PLURAL (correspondencia a catro máns)
Raquel Álvarez Méndez
Estudante de 3º Grao en Belas Artes UVIGO
Degree in Fine Arts (UVIGO)
Valeria Martínez Lojo
Estudante de 3º Grao en Belas Artes UVIGO
Degree in Fine Arts (UVIGO)

 


YA ES MAÑANA EN AUSTRALIA
Noemi Parga Iglesias
Grao en Comunicación Audiovisual UVIGO. Estudante do Mestrado en Dirección de Arte Publicitaria UVIGO.
Degree in Audiovisual Communication (UVIGO). Currently studying a Master’s degree in Art Direction for Advertising (UVIGO)

 


ALETEADO

Yuri Salgado Álvarez
Grao en Comunicación Audiovisual UVIGO. Estudante do Mestrado en Dirección de Arte Publicitaria UVIGO.
Degree in Fine Arts (UVIGO). Currently studying a Master’s degree in Art Direction for Advertising (UVIGO)

 


NO SIGNAL!

Paula Tarrío González
Grao en Belas Artes UVIGO
Degree in Fine Arts (UVIGO)

 


NOVEMEMBRO
Juan Ares Pérez
Estudante de 4º Grao en Publicidade e Relacións Públicas UVIGO
Degree in adversiting and Public Relations (UVIGO)

 


htomlai.COM
Tamara Goberna García
Estudante de 3º Grao en Belas Artes UVIGO
Degree in Fine Arts (UVIGO)
Degree in Audiovisual Communication (UVIGO)

 


PLANO SECUENCIA
Daniel Vidal Selas
Grao en Belas Artes UVIGO. Estudante do Mestrado Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda ESDEMGA/UVIGO
Degree in Fine Arts (UVIGO). Currently studying a Master’s degree in Design and Creative Direction in Fashion (ESDEMGA/UVIGO)

 


HAMALAU

Bea Pérez Fernandes
Grao en Belas Artes UVIGO. Estudante do Mestrado Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda ESDEMGA/UVIGO
Degree in Fine Arts (UVIGO). Currently studying a Master’s degree in Design and Creative Direction in Fashion (ESDEMGA/UVIGO)

 


 

Eloy Domínguez (Simes, 1985) é licenciado en Comunicación Audiovisual e Máster en Teoría e Práctica do Documental Creativo pola Universitat Autònoma de Barcelona. Comeza a súa carreira como crítico de cinema, como cofundador e codirector da revista A Cuarta Parede. En 2010 é membro do Xurado Novo da 67.ª Mostra de Venecia. Ao ano seguinte trasládase a Estocolmo, onde comeza un extenso proxecto de diario filmado e unha correspondencia fílmica co realizador Marcos Nine, dos que xorden as curtametraxes Pettring (2013) e I den nya himlen [No novo céio] (2014). En 2014 filma en Galicia a mediometraxe Jet Lag. En dous anos completa a súa primeira longametraxe, Ingen ko på isen [No cow on the ice] (2015), estreada en Visions du Réel, e dúas curtas, Den gula tegelvägen [Yellow brick road] (2016) e Rust (2016), estreada mundialmente no FIDMarseille. En 2018 estrea en IDFA, Amsterdam, a súa longametraxe máis recente, Hamada (2018), seleccionada en festivais como Bafici, Cinéma du Réel ou DOK.fest München e galardoada co premio á mellor película española no FicXixón, mellor ópera prima en Cinéma du Réel e mellor director emerxente en Porto/Post/Doc. O seu último traballo é a curtametraxe Distancia de Seguridade (2020), realizada en O Salnés durante o confinamento por coronavirus.