Xoves 13 decembro | 10:00h a 14:00h. | Casa da Campás | Gratuíto
Como complemento á retrospectiva que Novos Cinemas adica a Teresa Villaverde, a cineasta lisboeta, colaboradora e docente en diversas institucións educativas europeas como a Universidade de Évora (Portugal) e a Haute École d’ Art et du Design de Genève (Suíza), terá un encontro cos asistentes no que, a modo de conversa compartirá algunhas das claves do seu modo de entender o cinema.
Villaverde, que comezou no cinema aos 22 anos, foise formando a través da realización do seu propio traballo sen pasar previamente por unha escola de cinema. Como ela mesma di, «hoxe requírese a miúdo a un cineasta que saiba máis que o que sabe sobre unha determinada cousa, antes de facer a película, limitando, iso, en moitas ocasións a forma que o cinema pode ter que descubrir as cousas, facéndose.»