AULA +NOVOS, unha aposta formativa dende Novos Cinemas

O programa #AULA+NOVOS presenta tres novas actividades destinadas a cativar distintos públicos. Un encontro especial agarda ao alumnado do bacharelato artístico de Pontevedra, onde terán a oportunidade de ver o último traballo do cineasta galego César Souto, A foreign song, e de participar nun coloquio posterior.

Para os estudantes da ESO e do bacharelato, agárdalles unha matinal dedicada á revisión do mítico filme À bout de souffle (Ao final de escapada)  de Jean-Luc Godard.

Como colofón, o sábado 16 ás 11:30h no Museo de Pontevedra, haberá un taller enfocado no oficio de figurinista, Tea, papel e agulla,  impartido polas talentosas compañeiras do taller abierto, onde se profundará nas técnicas e segredos deste labor creativo. Está destinado a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos. Será necesaria inscrición previa, enviando un WhatsApp ao teléfono 617 340 323 a partir do día 4 de decembro.”

Estas actividades ofrecen un espazo para aprender, compartir e mergullarse nas diferentes facetas do mundo artístico, axudando ao alumnado a expandir os seus horizontes creativos.

 

CATEGORÍAS