Profundando na nosa vontade de achegar o cinema ao público máis novo de maneira activa e desprexuizada e confiando no seu instinto e sensibilidade, deseñamos unha programación que posibilitará que os mozos compartan activamente os seus descubrimentos e inquietudes a través do cinema.
Por ese motivo, continuamos un ano máis ca colaboración co prestixioso programa educativo europeo CinEd e seguimos fomentando o encontro entre recoñecidos cineastas galegos e o alumnado da ESO e o bacharelato, promovendo así o diálogo entre os escolares, os cineastas e as súas películas.
3,2,1…Acción! Un imaxinativo obradoiro de animación completa a proposta de #AULA +NOVOS nesta Edición 04.