Actual People

15 DEC.
16.30h.
Teatro Principal

ACTUAL PEOPLE

USA | 2021 | 84 | Cor | ESTREA EN ESPAÑA

Dirección/Direction: Kit Zauhar. Guión/Script: Kit Zauhar. Fotografía/Cinematography: Owen Smith-Clark. Montaxe/Editing: Kira Dane. Música/Music: Richard Phillip Smith. Son/Sound: Samantha Morris, One Thousand Birds. Intérpretes/Cast: Kit Zauhar, Scott Albrecht, Vivian Zauhar, Isabelle Barbier, Henry Fulton Winship, Audrey Kang, Derek Zheng, Jackson Crook, Shirley Huang, Richard Lyntton. Produción/Production: Kit Zauhar, Andrew Nadkarni, Jason Wang. Produtora/Production Company: Rooster Films, Modern Pleasures.

Actual People é un arriscado estudo antropolóxico sobre as xeracións milleniall e Z. Nesta historia sobre a feminidade nun período transcendental, Riley, de vinte tantos anos, debe afrontar, con frustración e torpeza, a crecente ansiedade que lle produce a súa vida amorosa, a súa contorna familiar e o seu futuro como moza asiático-americana na súa última semana de universidade.

Kit Zauhar é unha escritora, directora, produtora e actriz asiático-estadounidense de Filadelfia que vive en Chinatown, Nova York. No seu traballo explora a intimidade, a soidade, as pequenas vitorias e as humillacións cotiás. A súa obra escrita abarca desde a non ficción creativa ata os guións de ciencia ficción. Dirixiu a curtametraxe Helicopter (2016) e a longametraxe Actual People (2021), estreada mundialmente no Festival de Cinema de Locarno. Tamén actúa en filmes alleos. Neste momento está inmersa na preprodución da súa segunda longametraxe, 2 Men 2 Women.

FESTIVAIS

Locarno 2021. Concorso Cineasti del Presente

Milano FF 2021. Passagi. Aprile Award