Aberta a preinscripción para o obradoiro de Lois Patiño

Novos Cinemas seleccionará a dez alumnos da Universidade de Vigo para participar no obradoiro que Lois Patiño desenvolverá entre os meses de marzo e maio na cidade de Pontevedra, e cuxas pezas resultantes se exhibirán na edición 01 do festival que terá lugar entre o 28 de xuño e o 3 de xullo.

Os asistentes desenvolverán un proxecto en torno aos conceptos de paisaxe, atmósfera, territorio ou lugar e a exploración sensorial do espazo na contorna do río Lérez, tutorizado e supervisado en cada unha das súas fases polo mentado realizador. Os obxectivos do taller son reflexionar sobre a representación da paisaxe no cinema e estimular a capacidade observacional.

Os interesados en participar deberán enviar a documentación requerida a info@novoscinemas.com antes do 29 de febreiro. Para poder levar a cabo a selección, solicítase aos candidatos unha peza audiovisual de elaboración propia dunha duración non superior aos dous minutos que denote unha sensibilidade acorde aos obxectivos perseguidos polo obradoiro.

Toda a información relativa a este obradoiro, incluídos os requisitos de participación, as datas e o programa, pode consultarse no seguinte enlace: Info > Descargas > Edición 1 > Obradoiro con Lois Patiño

CATEGORÍAS