Aberta a convocatoria para participar no primeiro LAB de Novos Cinemas

O Festival Internacional Novos Cinemas desvela hoxe unha nova sección, Novos#Encontros, que pretende servir de nexo  a nivel internacional entre creadores, técnicos, empresas, estudantes e institucións. A sección constará de mesas redondas, presentacións e outras actividades, e presentará unha oportunidade única para que os profesionais do ámbito galego (tanto presentes como futuros) estabelezan contacto con expertos e expertas de todo o mundo.

A primeira das actividades encadradas en Novos#Encontros é Novos Cinemas#LAB, un programa de asesoramento e orientación para realizadores e realizadoras noveis. Nel, unha serie de profesionais de prestixio internacional especializados en cinema independente axudarán os creadores e creadoras a adaptar os seus proxectos ás necesidades do mercado.

O LAB está aberto a cineastas de calquera parte do mundo, sempre e cando o proxecto a desenvolver constitúa a súa primeira ou segunda obra. A data límite para inscribírense é o 29 de abril.

BASES E FICHA DE INSCRICIÓN

CATEGORÍAS