AULA+NOVOS

Confiando sempre no instinto e na radical sensibilidade do público máis novo, así como na súa incomparable e desprexuizada forma de achegarse ao cinema, deseñamos unha programación que aspira a que o público máis xeneroso e esixente interactúe e comparta os seus descubrimentos e inquietudes a través do cinema.

A volta ás aulas con Na Clase, o encontro entre dúas realizadoras galegas e o alumnado do bacharelato artístico da nosa cidade, unha sesión que recupera a nosa colaboración co prestixioso programa educativo europeo CinEd e o acceso ao imaxinativo universo das colegas de taller abierto que co seu obradoiro volverán a sorprender a pequenos e adultos, completarán a proposta de #AULA+NOVOS para a edición 06 de Novos Cinemas.