AULA+NOVOS // CINED

16 DEC.
09.00h.
Teatro de Pontevedra
Sesión pechada para escolares


Sesión CinEd + Coloquio co alumnado

Proxección da longometraxe The Happiest Girl in the World (A moza máis feliz do mundo) de Radu Jude (Rumania, 2009)

CinEd é un proxecto de educación que ten o seu núcleo nunha colección de filmes de gran potencia expresiva, concibida como unha oportunidade para que a mocidade descubra e desfrute o cinema europeo.
Un programa de cooperación europeo liderado polo Institut Français (París) e a Cinémathèque Française, e actualmente coordinado pola Cinemateca Portuguesa – Museu do Cinema e cofinanciado polo programa MEDIA. En España, CinEd é coordinado e impulsado por A Bao a Qu co apoio do Ministerio de Educación, o ICAA e o Instituto Cervantes. En Galicia desenvólvese en cooperación con AGADIC–CGAI.
Novos Cinemas súmase novamente a un proxecto pioneiro, do que foi un dos seus impulsores en Galicia.

www.cined.es