YOUNG & BEAUTIFUL

YOUNG AND BEAUTIFUL

Novos e fermosos | Jóvenes y bonitos

13 Decembro | 12:30h | Teatro Principal 
 

España | 2018 | 72’ | Cor | DCP | ESTREA EN GALICIA

Dirección/Direction: Marina Lameiro. Guión/Script: Marina Lameiro. Fotografía/Cinematography: Marina Lameiro. Montaxe/Editing: Diana Toucedo. Son/Sound: Jordi Ribas, Marina Lameiro. Intérpretes/Cast: Poti, Nais, Ione, Das. Produción/Production: Marina Lameiro.

Poti, Nais, Ione e Dás son mozos que decidiron vivir baixo os seus propios termos. Pero ao roldar os trinta anos, asolágalles un profundo desasosego: están lonxe aínda de ser os adultos independentes, seguros e apaixonados que sempre soñaron. Mentres a sociedade empúxaos a abandonar as súas  aspiracións, cada un debe revisar a súa identidade a través do diálogo.

Young & Beautiful é o retrato poliédrico dunha xeración acusada de non querer medrar; unha xeración á que se lle obriga a aceptar un mundo roto e un país en crise, no que se anuncia que a única maneira de sobrevivir é abandonar os soños.


 

Festivais:

Festival Punto de Vista 2018   Premio do Público
Alcances 2018
Márgenes 2018


.

Mariña Lameiro (Iruñea, 1986) é licenciada en Comunicación Audiovisual pola URJC. En 2012 accede ao Master en Documental de Creación do IDEC-UPF, onde traballa co director ruso Victor Kossakovsky e o director polaco Marcel Lozinsky. No ano 2013 especialízase no ámbito da montaxe realizando un posgrao na mesma universidade. Durante 2014 e 2015 é artista residente en UnionDocs na cidade de Nova York.