XURADO INTERNACIONAL


XURADO INTERNACIONAL

 

ALEJANDRA TRELLES
Nace en Montevideo, Uruguai en 1974. Desde 2005 é programadora da Cinemateca Uruguaya e foi desde o ano 2009, directora do Festival Cinematográfico Internacional del Uruguay, que en abril pasado celebrou a súa 35ª edición. É tamén a directora do Festival de Cine a Pedal, festival temático con pantallas ao aire libre e para o que só se usa a enerxía do pedaleo para alimentar as proxeccións. Foi a directora de programación do Festival de Cine de Punta del Este e programadora do Festival Cineuropa de Santiago de Compostela. Como xurado participou de varios festivais de cinema, entre eles, BAFICI ou Berlinale. É tradutora e docente e colabora como xornalista cultural en diversos medios de prensa sobre todo o xornal uruguaio “La Diaria” e o semanario “Brecha”.

 

CARLOS LOSILLA
É ensaísta, profesor de Teorías do Cinema e Xéneros Contemporáneos na Universitat Pompeu Fabra de Barcelona e membro do consello de redacción de Caimán. Cuadernos de cine y La Furia Umana. En 2014 pasou a formar parte do equipo docente da ESCAC. Entre os seus últimos libros destacan  “La invención de Hollywood o cómo olvidarse de una vez por todas del cine clásico”, “En busca de Ulrich Seidl”, “El sitio de Viena. Huellas de Fritz Lang”, “La invención de la modernidad” e “Zona de sombra. Notas dispersas a partir de Viaggio in Italia”. Colaborou tamén en libros colectivos estranxeiros, como  “Vincente Minnelli. The Art of Entertainement”, ”A Companion to François Truffaut”  ou “A Companion to Fritz Lang”. É crítico do semanario Time Out-Barcelona, da web Sensacine e escribe regularmente para o suplemento “Cultura/s” do xornal La Vanguardia.

 

NELY REGUERA
É cineasta e profesora na especialidade de dirección na Escola Superior de Cinema e Audiovisuais de Cataluña (ESCAC). María (y los demás), a súa primeira película, foi nomeada aos Goya nas categorías de Mellor Interpretación Feminina e Mellor Dirección Novel. Comezou a traballar no equipo de dirección en longametraxes como Tres días con la familia (Mar Coll, 2009) e Blog (Elena Trapé, 2010). En 2005 realizou o documental Muxía a ferida sobre as consecuencias da catástrofe do Prestige e máis adiante a curtametraxe Pablo (2010), premiada en varios festivais, entre outros Alcine, Xixón, Huesca, Mecal, Concurso Versión Española-SGAE. No ano 2010 empeza a colaborar con A Bao A Qu, no proxecto Cinema en Curso, impartindo talleres de cinema en cursos de primaria e secundaria.