Xurado Novo 2020. Inscricións abertas

Queda aberta a convocatoria para os membros da comunidade universitaria con interese en participar como xurado da Edición 05 de Novos Cinemas. A organización do festival seleccionará 5 candidatos ou candidatas de entre todas aquelas persoas interesadas, a condición de ser estudante da Universidade de Vigo con matrícula no Campus de Pontevedra.

Este xurado outorgará o Premio Xurado Novo á mellor longametraxe da Edición 05 de Novos Cinemas, Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, que se celebrará entre os días 15 e 20 de decembro de 2020. O labor do Xurado Novo é asistir ás proxeccións das longametraxes que concursan na Sección Oficial do festival. Cada unha das películas exhibirase unha soa vez.

O prazo de inscrición desta convocatoria termina o 15 de novembro.

Consulta as BASES desta convocatoria.

[contact-form-7 404 "Not Found"]

CATEGORÍAS