XURADO LATEXOS


XURADO LATEXOS

 

MANUEL ASÍN
Coordinador da área de cinema do Círculo de Bellas Artes de Madrid. Programou ciclos para Filmoteca Española, MNCARS, Xcèntric, Tabakalera, Festival de Sevilla, Instituto Moreira Salles, etc. Publicou artigos en revistas como Blogs & Docs, Trafic ou Caimán Cuadernos de cine, onde é membro do consello de redacción. É autor dos prólogos e a edición de dous libros en torno ao cinema de Jean- Marie Straub e Danièle Huillet: Escritos (2011) e Hacer la revolución es también volver a colocar en su sitio cosas muy antiguas pero olvidadas (2016). Parte do equipo docente de Elías Querejeta Zine  Eskola (San Sebastián) e Master LAV (Madrid). Foi director da distribuidora e editorial de libros e DVDs Intermedio (2011-2015). 

 

RAMIRO LEDO
Ramiro Ledo Cordeiro (Lugo, 1981) é responsable do Cinema NUMAX e NUMAX Distribución. O cinema NUMAX combina a programación en estrea de películas en VO con proxeccións de vangarda e novas restauracións dixitais de clásicos. NUMAX Distribución é unha distribuidora independente de cinema de autor contemporáneo (entre as súas últimas estreas figuran O que arde, de Óliver Laxe, Longa noite, de Eloy Enciso, A vinganza dunha muller, de Rita  Azevedo Gomes; Cabalo Diñeiro, de Pedro Costa;  ou O león durme esta noite, de Nobuhiro Suwa). Forman tamén parte do proxecto libraríaa  NUMAX e o Laboratorio NUMAX: un estudo de gráfica, vídeo e comunicación. Como cineasta, realizou VidaExtra (2013), Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo (2011), O proceso de Artaud (2010) ou CCCV- Cineclube Carlos Varela (2005).

 

ALBERT TRIVIÑO

Albert Triviño Massó (Barcelona, 1984) é cineasta experimental, docente e programador audiovisual. Licenciado en Historia da arte e en Experimental Film, posúe tamén un Máster en Dirección e Produción de Proxectos Expositivos. Desde 2006 participou en varias exposicións e festivais gañando en 2010 o premio BCN Producció outorgado polo Concello de Barcelona e participando na edición do festival  Xcèntric dese mesmo ano. A súa práctica artístico-fílmica caracterízase polo tratamento anti-icónico da imaxe e pola produción dunha obra que vai desde a pintura e a fotografía, ata a vídeo instalación, o super 8, o 16mm e o documental.

Socio fundador da Zumzeig Cinecooperativa, actualmente forma parte do equipo do cinema como programador e coordinador.