XURADO LATEXOS


XURADO LATEXOS

 

VIOLETA KOVACSICS
Violeta Kovacsics (Vilanova i la Geltrú, 1981)
Colabora habitualmente como crítica cinematográfica en revistas como Time Out Barcelona, Cultura/s de La Vanguardia, el Diari de Tarragona, Caimán-Cuadernos de cine e o programa de radio  Els Experts de Icat. cat. Participou en diversos libros colectivos, coordinou o libro Very  Funny Things. Nueva comedia americana e é autora de Un París de cine. É profesora de Historia do cinema clásico en  ESCAC e de Fundamentos da arte Audiovisual na UIC. É responsable do catálogo e do diario do Sitges-Festival internacional de cinema  fantàstic de Catalunya. Foi presidenta da ACCEC (Associació Catalá de Crítics i Escriptors Cinematogràfics).

 

JOSÉ MANUEL LÓPEZ
José Manuel López (Vigo, 1974)
Crítico, docente e programador cinematográfico, actualmente escribe a súa tese e é profesor de guion na facultade de Comunicación de Pontevedra. Desde 2012 imparte cursos de cinema no Museo de Arte Contemporáneo (MARCO) de Vigo e no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago. Colaborou en diferentes revistas cinematográficas. Funda a revista de cinema Tren de sombras (2004-2008) e desde o anno 2007 ao 2017 forma parte do consello de redacción de Caimán Cuadernos de Cine. En 2008 coordina o libro Naomi Kawase. El cine en el umbral para o Festival de Cine de Las Palmas. Participa en libros colectivos como La Risa Oblicua. Tangentes, paralelismos e intersecciones entre documental y humor; Las edades de Apu. Estudios sobre la Trilogía de Satyajit Ray o Paul Schrader. El cineasta frente a los tiempos, entre outros.

 

RAMÓN REY
Ramón Rey (Salamanca, 1981)
Actualmente é redactor en Cine maldito. Como parte de Revista V.O.S. realizou críticas, reportaxes,entrevistas e a cobertura de diversos festivais nacionais e europeos. Desde 2010 é un dos creadores do  podcast Esta peli ya la he visto, premio a Mellor Podcast do European Podcast Award de 2011. Participou no libro La Italia de Matteo Garrone (2016) editado polo Festival Internacional de Cinema de Xixón.