XURADO CRÍTICA


XURADO CRÍTICA

 

ALBERTO LECHUGA

Licenciado en Xornalismo pola Facultade de Comunicación de Sevilla, combina a crítica e o xornalismo cultural en diversos medios como Diario de Sevilla, Pandora Insight ou Granada Digital á vez que funda a web Cineol, un dos portais veteranos en español sobre actualidade cinematográfica. Desde 2013 

exerce de redactor-xefe da edición española de Sofilm labor que desde 2016 compaxina coa dirección da revista MK2 para a cadea Cinema/Sur. Tamén xunta letras en publicacións como Sensacine ou Rockdelux.

 

CARLOTA MOSEGUÍ

Tras graduarse en Humanidades na Universidade Pompeu Fabra, dedicouse á crítica cinematográfica en calidade de correspondente de festivais nacionais e internacionais. As súas últimas coberturas foron publicadas en Cineuropa (Bélxica), Desistfilm (Perú) e  FilmAnd (España). Tamén é membro do comité de selección do Festival Márgenes e traballa como programadora de cinema contemporáneo no Centro de Arte La Casa Encendida de Madrid.

 

DANIEL DE PARTEARROYO

Crítico de cinema e xornalista, xefe de edición online e redactor na revista Cinemanía, tamén colabora en medios como Sensacine, Sofilm, Mk2 ou Transit, escribiu cadernos críticos para  DVDs do selo  Avalon (Un sopro ao corazón, A pel suave), manufactura memes cinéfilos en Twitter e é un insomne habitual nos festivais de cinema.