WANDA
Wanda
15 Decembro | 16:30h | Teatro Principal
USA | 1970 | 103’ | Cor
Dirección/Direction: Barbara Loden. Guión/Script: Barbara Loden. Fotografía/Cinematography: Nicholas T. Proferes. Montaxe/Editing: Nicholas T. Proferes. Son/Sound: Harvey Greenstein. Intérpretes/Cast: Barbara Loden, Michael Higgins, Dorothy Shupenes, Peter Shupenes, Jerome Thier, Marian Their, Anthony Rotell. Produción/Production: Harry Shuster. Produtora/Production Company: Foundation for Filmakers.
Wanda, unha muller distante que abandonou ao seu esposo e que perdeu a custodia dos seus fillos, atópase soa e á deriva entre bares fedorentos e moteis de estrada. No seu deambular relaciónase con homes nada agarimosos, coma un ladrón de bancos que a vinculará ao seu próximo golpe. Wanda é un retrato compasivo e conmovedor dunha muller ao marxe da sociedade.
Festivais:
Venice FF – International Critics Award
Barbara Ann Loden (1932-1980) foi unha actriz e directora estadounidense de cinema e teatro. Inicia moi nova a súa carreira de modelo e bailarina de coro na cidade de Nova York. Habitual do show de Ernie Kovacs, traballa en varios proxectos dirixidos polo seu segundo esposo, Elia Kazan, como Wild River (1960) ou Splendor in the Grass (1961). No ano 1964 gaña un premio Tony pola súa interpretación na obra de Arthur Miller, After the Fall.
En 1970, escribe, dirixe e protagoniza Wanda, que gaña o Premio Internacional da Crítica na Mostra de Venecia. Nos anos setenta dirixe obras teatrais del circuíto Off-Broadway e filmando tamén dúas curtametraxes. En 1978 foi diagnosticada de cancro de mama. Morreu dous anos despois, aos 48 anos de idade.