Voluntariado en Novos Cinemas 05. Aberta a convocatoria

Dende Novos Cinemas, convidamos ao alumnado do campus de Pontevedra a formar parte do equipo de voluntarios/as da Edición 05 do festival. Se queredes coñecer Novos Cinemas por dentro e vivir o día a día dun festival de cinema, sumádevos ao noso equipo!

Durante seis días, do 15 ao 20 de decembro de 2020, os voluntarios e voluntarias -atendendo ás necesidades do festival- incorporarédesvos á oficina dende o seu inicio; coñeceredes o funcionamento interno do evento; realizaredes tarefas en equipo nas áreas de información, produción, imaxe, convidados, redes sociais e loxística; e tomaredes contacto con realizadores e realizadoras noveis e con diferentes profesionais do medio.

Agardámosvos!

[contact-form-7 404 "Not Found"]

CATEGORÍAS