16 DIC.
21.30h.
Teatro Principal
A VIDA SÃO DOIS DIAS
Brasil | 2022 | 82′ | Cor | ESTREA EN ESPAÑA
Dirección/Direction: Leonardo Mouramateus. Guión/Script: Mauro Soares, Leonardo Mouramateus. Fotografía/Cinematography: Aline Belfort. Montaxe/Editing: Tomás von der Osten. Música/Music: Fernando Pereira Lopes. Son/Sound: Guilherme Farkas. Intérpretes/Cast: Mauro Soares, Mariah Teixeira, Sara Hana, Nuno Lucas, Rita Azevedo Gomes. Produción/Production: Clara Bastos, André Mielnik, Leonardo Mouramateus, Mauro Soares. Produtora/Production Company: Brasiliana, Praia à Noite.
Square Eyes | Wouter Jansen
Habichergasse 39/3, 1160, Vienna, Austria
wouter@squareeyesfilm.com | www.squareeyesfilm.com
Rio de Janeiro. A tranquila rutina de Rómulo cambia da noite para a mañá cando un accidente inicia unha vaga de eventos absurdos. Lonxe de alí, Orlando, o seu irmán xemelgo e marchante de obras raras, tenta comprar un libro a un estudante brasileiro con problemas económicos. As vidas dos irmáns colisionarán coa chegada dun misterioso manuscrito.

Leonardo Mouramateus (1991, Fortaleza, Brasil). Mestrado en Arte Multimedia pola Universidade de Lisboa, graduouse en Cinema e Audiovisual pola Universidade Federal do Ceará, mantendo contacto permanente coas artes performativas, a dramaturxia e a danza. Escribiu e dirixiu filmes exhibidos en numerosos festivais, como Locarno, Viennale, IDFA, Cinéma du Réel e Bafici. Retrospectivas de súa filmografía foron presentadas en Portugal, Francia, Colombia e, máis recentemente, no Festival Internacional de Cinema de Rotterdam. A Vida São Dois Dias é a súa segunda longametraxe.


FESTIVALES
FIDMarseille 2022. Special Mention International Competition
Hamburg Film Festival 2022. Official Selection