TRINTA LUMES

TRINTA LUMES

Thirty souls | Treinta almas

12 Decembro | 21.30h | Teatro Principal 

 

España | 2018 | 80’ | Cor |  DCP

Dirección/Direction: Diana Toucedo. Guión/Script: Diana Toucedo. Fotografía/Cinematography: Lara Vilanova. Montaxe/Editing: Ana Pfaff, Diana Toucedo. Música/Music: Sergio Moure de Oteyza. Son/Sound: Oriol Gallart. Intérpretes/Cast: Alba Arias, Samuel Vilariño. Produción/Production: Cristina Bodelón. Produtora/Production Company: LASOGA FILMS.te.

Alba ten doce anos e desexa descubrir o descoñecido, o misterioso e o fascinante da morte. Co seu mellor amigo Samuel entra en casas abandonadas, percorre pobos destruídos e penetra no interior dunhas montañas que agochan un mundo paralelo. Unha viaxe que parte da inocencia para descubrir o misterio da loita entre a vida e a morte.


 

Festivais:

Berlinale 2018 Panorama – World Premiere

Festival de Málaga 2018 Zonazine

D’A Barcelona 2018  Premio da Crítica


.

Montadora e realizadora residente en Barcelona, onde desenvolve os seus proxectos e exerce como docente (ESCAC, UAB), Diana Toucedo editou, entre outras, as longametraxes La noche que no acaba (Isaki Lacuesta, 2010) e O quinto evanxeo de Gaspar Hauser (Alberto Gracia, 2013). As súas curtametraxes documentais e experimentais foron exhibíronse en numerosos festivais de cinema e centros de arte. En 2015 dirixiu a longametraxe documental En todas as mans. O seu debut na longametraxe de ficción, Trinta Lumes, estreouse na sección Panorama da Berlinale 2018.