TODOS MIENTEN
Todos menten | They All Lie
29 Junio | 17:00h | Teatro Principal
Presentada polo director
Arxentina | 2009 | 75’ | Cor
Dirección/Direction: Matías Piñeiro. Guión/Script: Matías Piñeiro. Fotografía/Cinematography: Fernando Lockett. Son/Sound: Daniela Ale, Emilio Iglesias. Montaxe/Editing: Delfina Castagnino. Intérpretes/Cast: Romina Paula, María Villar, Julia Martínez Rubio, Pilar Gamboa, Julián Tello, Julián Larquier Tellarini, Esteban Bigliardi, Esteban Lamothe. Produción/Production: Iván Granovsky, Lionel Braverman, Pablo Chernov, María del Carmen Fernández Monte. Produtora/Production company: Universidad del cine, El pampero cine, Revolver films.
Un grupo de mozos reúnese nunha casa abandonada nos arredores de Bos Aires coa intención de organizar un golpe que porá a proba as relacións escuras que unen ás personaxes nunha trama na que amores, falsificacións, roubos e bicos se confunden coa historia de Arxentina no século XIX.
Premios:
Locarno International Film Festival – Filmmakers of the Present
Festival Internacional del Cine Independiente de Buenos Aires (BAFICI) – Mención Especial do Xurado, Mellor Película Arxentina
.
Nado en Bos Aires en 1982, Matías Piñeiro estudou na Universidade do Cinema, onde posteriormente ensinaría dirección, guión e historia do cinema. En 2011 trasladouse a Estados Unidos como bolseiro do Instituto Radcliffe da Universidade de Harvard. Actualmente ensina dirección cinematográfica no Pratt Institute en Brooklyn (Nova York) mentres desenvolve a curtametraxe Porcia e a longametraxe Ariel–co-dirixida co cineasta galego Lois Patiño–, quinta e sexta entregas da súa serie Las Shakespeareadas sobre os roles femininos nas comedias de William Shakespeare.