THE IRON GIANT

THE IRON GIANT

El gigante de hierro | O xigante de ferro

15 Decembro | 12.00h | Teatro Principal 

Entradas á venda

USA | 1999 | 86’ | Cor

Dirección/Direction: Brad Bird. Guión/Script: Brad Bird, Tim McCanlies (basado nun conto de Ted Hughes). Dirección de arte/Art Direction:  Alan Bodner. Fotografía/Cinematography: Steven Wilzbach Montaxe/Editing: Darren T. Holmes. Música: Michael Kamen. Son/Sound: Randy Thom. Intérpretes/Cast: João Arrais, Isabel Abreu. Intérpretes/Cast: Jennifer Aniston, Harry Connick Jr., Vin Diesel, James Gammon. Produción/Production:  Pete Townshend, Des McAnuff, Allison Abbate. Produtora/Production Company: Warner Bros.

 

Outubro de 1957, plena Guerra Fría. Un obxecto procedente do espazo estrélase no océano preto da costa de Maine e logo se interna nun bosque próximo á cidade de  Rockwell. Hogarth Hughes, de nove anos, investiga os feitos e descobre a un robot xigante que tenta comerse as liñas de alta tensión dunha subestación eléctrica. Hogarth faise amigo do Xigante e descobre que este é curioiso e pacífico.

 

Brad Bird comezou a traballar no seu primeiro curto animado á idade de 11 anos. A película chamou a atención de Walt Disney Studios, e aos 14 anos foi apadriñado por Milt Kahl, un do lendarios nove anciáns do estudo. O seu debut como director chegou co episodio Family Dog de Steven Spielberg´s Amazing Stories. Desde entón, e entre moitas outras cousas, escribiu e dirixiu O xigante de ferro (1999), Os incribles (2004), Ratatouille (2007), Misión Imposible: Protocolo pantasma (2011) e Os incribles 2 (2018).