SECCIÓN OFICIAL

Máis aló das fronteiras e das diversas orixes xeográficas e culturais, as películas que participan na Sección Oficial da Edición 02 de Novos Cinemas, encarnan á perfección a heteroxeneidade e os graos de intertextualidade temática, estética e formal que caracterizan ao cinema contemporáneo máis salientable e prometedor.
Unha exquisita selección de nove filmes feitos por cineastas noveis –todos eles primeiras ou segundas longametraxes– protagonistas dos máis salientables festivais internacionais e que se proxectan por primeira vez en Galicia.