Re Granchio

15 DEC.
21.00 h.
Teatro Principal

RE GRANCHIO

Italia, Francia, Arxentina| 2021 | 105 | Cor | ESTREA EN GALICIA

Dirección/Direction: Alessio Rigo de Righi, Matteo Zoppis. Guión/Script: Alessio Rigo de Righi, Matteo Zoppis. Fotografía/Cinematography: Simone D’Arcangelo. Montaxe/Editing: Andrés Pepe Estrada. Música/Music: Vittorio Giampietro. Son/Sound: Catriel Leandro Vildosola, Mathieu Farnarier. Intérpretes/Cast: Bruno Di Giovanni, Claudio Castori, Domenico Chiozzi, Ercole Colnago, Gabriele Silli, Maria Alexandra Lungu. Produción/Production: Tommaso Bertani, Ezequiel Borovinsky. Agustina Costa Varsi, Massimiliano Navarra Thomas Ordonneau. Produtora/Production Company: Ring Film (Italia), Volpe Films (Argentine), Wanka Cine (Argentine), Shellac Sud (France

Italia, hoxe. Algúns cazadores anciáns lembran a historia de Luciano.
Luciano vive como un borracho errante nun pobo da rexión de Tuscia. A súa notoria e antagonista relación co príncipe local é suscitada polo dereito de paso a través dunha porta. As paixóns, o crecente rancor e os celos impulsan a Luciano a cometer un acto de tráxicas consecuencias.

Alessio Rigo de Righi e Matteo Zoppis (1986) son dous directores italoamericanos. A súa colaboración comezou coa curtametraxe documental Belva Nera (2013) e o premiado documental Il Solengo (2015). O seu traballo céntrase nos contos populares e lendas da tradición campesiña, cuestionando as imperfeccións da tradición oral que terminan dando lugar a novas historias. As súas películas apareceron en numerosos festivais e gañaron premios en Cinéma du Réel, Doclisboa e Torino Film Festival. Re Granchio é a súa primeira longametraxe de ficción.

FESTIVAIS

Cannes 2021. Directors’ Fortnight
Viennale 2021. FIPRESCI Prize
Thessaloniki IFF 62th.The Silver Alexander Meet the Neighbors Award