Novos Cinemas

NOVOS CINEMAS é un certame cinematográfico internacional cunha Sección Oficial competitiva na que poderán participar todas aquelas longametraxes que supoñan a primera ou segunda obra do realizador ou realizadora a concurso.

 

Porén, o festival será o culme dunha programación anual específica; xa que o proxecto tenta abarcar a totalidade do espectro: exhibición, difusión, formación e divulgación, pero tamén interación social, promoción cultural e socioeconómica da cidade de Pontevedra.

 

A Edición 02 de Novos Cinemas. Festival Internacional de Cinema de Pontevedra celebrarase do 27 de xuño ao 2 de xullo de 2017.

dibujo-camara